Actualizado 14/01/2020 ás 18:00 horas

Nestes momentos a incidencia acumulada no noso termino municipal atópase en situación de:
50 > e <150
Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días:
Entre 1 e 9
As restricións no noso termino municipal atópase en situación de:
Restricións medio-altas
O Concello de O Valadouro manterá actualizada a información a través desta páxina Web, das Redes Sociais Oficiais coa publicación tanto de novos Comunicados e Bandos se fora necesario tomar novas medidas por parte desta Institución.
Para seguir a evolución do COVID-19 recomendamos seguir a información a través das canles oficiais as que podes acceder premendo nos seguintes ligazóns.

Restricións Nivel Medio-Alto
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO.
- Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
- Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
- Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS.
- Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAIDA DE PERSOAS.
- Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados.
- Para limitacións de mobilidade consulte o apartado Restricións perimetrais.
- As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no número 3 do punto primeiro do Decreto 202/2020, do 3 de decembro.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA.
- Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.
- Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.
- Bibliotecas, arquivos, museos: 50% da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
- Cines, teatros e auditorios: Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre.
- Centros recreativos turísticos ou similares: 50% do aforo. As visitas de grupos serán dun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes.
- Centros cívicos e sociais:
- Límite capacidade total: 50%
- Actividades socioculturales grupais: Máximo 4 persoas, sexan ou non conviventes,excluido o monitor ou guía.
ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL.
- Ao aire libre: o limite de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, excluidos os monitores.
- Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, excluidos os monitores.
- As actividades deberán realizarse en grupos de ata 4 persoas participantes, sexan ou non conviventes excluidos os monitores.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
- No interior: 30% do aforo. Non está permitido o consumo na barra.
- Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50% das mesas.
- A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
- Horario do peche ao público: 18:00 horas (Orde do DOG núm. 260-Bis do 29 de decembro do 2020)
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES
- Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
- Actividades de animación ou clases grupais: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluidos os monitores .
COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE
- Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade.
- Centros e parques comerciais: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade en cada un deles.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30%.
- Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
- Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
- Os establecementos comerciais deberán pechar ao público ás 21:30 horas.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS
- Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 4 persoas de forma simultánea, sen contar o monitor.
- Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 4 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.
CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO
- O público sempre debe permanecer sentado tanto nas instalacións deportivas como na vía pública.
- Límite de 250 persoas para lugares pechados e de 500 se se trata de actividades ao aire libre.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMON. AUTONÓMICA
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- Peche das actividades.
MANTEMENTO DE HORTAS, VIDES E COIDADOS DE ANIMAIS
- Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides. ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.


Que é Radar COVID?
Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).
Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.
Radar COVID ademais permite:
- Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
- Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto.
Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.
De onde podo descargar a app?
Que fago se recibín unha alerta de contacto de risco na app?
Se vostede atópase actualmente en Galicia e recibiu unha notificación indicándolle un posible contacto de risco, por favor chámenos ao 881 54 00 04 para que podamos avaliar o seu risco de exposición á COVID-19. Tras esta valoración, facilitarémoslle todas as recomendacións que necesitará para evitar novos contaxios.

Quen ten que reencher o formulario sanitario?
As persoas, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19.
Ao chegar ou regresar a Galicia tras unha viaxe. Declaración Obrigatoria.
Al llegar o regresar a Galicia de un viaje. Declaración Obligatoria.
When you arrive or return to Galicia from a trip. Mandatory statement.

Medidas de contención decretadas polo Concello de
O Valadouro ante a situación de Emerxencia Sanitaria.

❌ Os permisos de uso do Pavillón Municipal e do Campo de Fútbol quedarán restrinxidos desde o 13/03/2020.

Medidas tomadas polo Concello de
O Valadouro ante a situación de Emerxencia Sanitaria.
✅ Crear unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19.
✅ Activar un Protocolo de Servizos Sociais.
✅ Fomentar o teletraballo, e axilizar tramites administrativos.
✅ Desinfección de mobiliario urbano e zonas públicas que poden ser un foco de contaxio.
✅ Desinfección de todolos contenedores de lixo do Concello de forma regular.
✅ Activar un Protocolo de Recollida de Residuos.
✅ Colaboración co C.E.I.P Santa María, no reparto e impresión de tarefas para os alumnos.
✅ Colaboración co I.E.S Alfoz-Valadouro, no préstamo de equipos informáticos e conexións a internet.
✅ Reparto de mascarillas a nen@s entre 3 e 14 anos.
✅ Reanudase o Servizo de Recollida de Trastos. (Polo momento os particulares non poden acceder ás instalacións do Punto Limpo).
✅ Reanudase o Mercado Semanal dos sábados.
✅ Reparto de máscaras a toda a poboación.
✅ Aberta a Biblioteca Publica Municipal con cita previa no 982571516.
✅ Reanudanse os Prazos Administrativos.
✅ Axudas Activa Valadouro, destinadas a Autónomos, PEMES e traballadores por conta allea afectado por ERTES.
✅ Subvenciones Asociacións de Veciños 2020.
✅ Axudas ao pago da factura do Suministro Eléctrico.
✅ Reanudanse o LudiVERÁN 2020.
✅ Apertura Ximnasio Municipal.
✅ Reanudanse as Escolas Deportivas. (Futbol) (Patinaxe).
✅ Reanudase o Servizo de OES.
✅ Oficinas Municipais abertas desde o 10 de novembro previa cita no 982574000.
✅ Activada a Agrupación de Protección Civil coas indicacións do CIAE-112
- Colaboración con Asuntos Sociais no reparto de alimentos e medicamentos.
- Apoio loxístico a medios de intervención.
- Visitas a persoas maiores que viven solas para comprobar o seu estado.
- Colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no cumprimento das medidas de limitación de circulación pola vía pública.
- Aviso a poboación por megafonía das instrucións que dicten as autoridades competentes

Comunicados, Bandos e Carteis para a Descarga

Residuos Domésticos
Os residuos do doente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.
A bolsa de plástico (bolsa 1) debe pecharse adecuadamente e introducirse nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), ao lado da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador, e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.
A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (bolsa 3).
Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.
A bolsa 3 pechada adecuadamente depositarase exclusivamente no contedor verde.
Naqueles fogares nos que non haxa ningunha persoa que poida sair para depositar o lixo no contedor, deberá avisar ao Concello, para que se lle faga a recollida no seu domicilio, sempre cumprindo as medidas indicadas.


Servizos Sociais

AXUDA NO FOGAR:
- Manterase a atención telefónica no telefono 982 57 40 00 ext. 2., que permitirá ás familias comunicar as incidencias que podan ocorrer: altas, baixas, suspensión, etc.
- Os números de teléfono tamén están dispoñibles para se algunha persoa necesita cubrir necesidades básicas (facer a compra, ir a farmacia…).
- As altas novas serán por cuestións de urxencia social.

Prevención



Síntomas



Vídeos Informativos