📢 CONCENTRACIÓN NOCTURNA 20 S.
💜 A NOITE SERÁ VIOLETA.

O Concello do Valadouro únese á Campaña Emerxencia Feminista contra os asasinatos machistas, as manadas e as agresións sexuais, convocada para o vindeiro 20 de setembro a nivel estatal.
Convocamos a todos os veciños e veciñas diante da Casa do Concello, ás 21:00 horas do venres 20 de setembro, a esta concentración nocturna para que o 20S sexa lembrado como o día en que a noite tornou a violeta. A fachada do Concello será iluminada con esa cor.