O Concello do Valadouro súmase un ano máis a campaña “En Negro contra as Violencias”. Dita campaña durara dende o 18 ó 25 de novembro, o Concello facilitara material para axudar a difusión da mesma.  

“En Negro contas as Violencias”. É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo ou ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.

Dende o seu inicio buscouse implicar o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.

Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.

Colectivos e empresas tamén poden adherirse:

O colectivo que decida unirse á campaña “en negro contra as violencias” asume os seguintes compromisos:

  • Participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero.
  • Empregar os materiais identificadores da campaña en lugar visible e representativo da organización.
  • Manifestar o seu rexeitamento a toda manifestación de violencia de xénero.
  • Propoñer accións de difusión, concienciación e erradicación da violencia de xénero.
  • Manifestar o seu compromiso coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo.
  • Difundir a acción nas redes sociais ou por calquera outra canle que teña a súa disposición.

A empresa  que decide unirse á campaña “en negro contra as violencias” asume os seguintes compromisos:

  • Participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero.
  • Empregar os materiais identificadores da campaña en lugar visible e representativo da organización.
  • Manifestar o seu rexeitamento a toda manifestación de violencia de xénero.
  • Propoñer accións de difusión, concienciación e erradicación da violencia de xénero.
  • Asignar recursos para o desenvolvemento de accións que teñan como finalidade erradicar a violencia de xénero.
  • Manifestar o seu compromiso coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo.

Ademais das accións incluidas â€˜En Negro Contra As Violencias’ tamén imos ter en conta as seguíntes recomendacións: 

  • Inserción laboral das mulleres vítimas da violencia de xénero: a inserción sociolaboral das mulleres que sofren violencia é un elemento imprescindible na súa recuperación integral e é a mellor garantía para rachar o círculo de violencia no que se atopan elas e mais os seus fillos, e poder volver participar activamente na sociedade.
  • Implementar plans de igualdade: no artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva entre mulleres e homes, establécese que as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores na forma que se determine na lexislación laboral.
  • Implementar un protocolo de detección e eliminación de situacións de violencia de xénero: crea unha canle de denuncias que permita a calquera traballador ou traballadora que vexa ou coñeza unha situación de violencia de xénero dentro da túa empresa pólo en coñecemento da dirección.
  • Accións formativas e concienciadoras para o persoal: organiza un calendario de xornadas especialmente orientadas á concienciación do persoal da empresa para evitar comportamentos que poidan ser xeradores de situacións de violencia de xénero.
  • Código de conduta: elabora un código de conduta para evitar situacións de violencia de xénero.

Eres un colectivo? podes confirmar a túa participación en este enlace: https://ennegrocontraasviolencias.gal/adhesion/colectivos

Eres unha empresa? podes confirmar a túa participación en este enlace: https://ennegrocontraasviolencias.gal/adhesion/empresas