Información Xuvenil

Oficina municipal de información xuvenil

R/Avda da Diputación 6

Código Postal 27770 – Ferreira

Horario: de luns a venres de 16:00 a 20:30 horas.

Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

omix@valadouro.org

TELÉFONO: 982 57 15 16

FAX: 982 57 43 03

SERVIZOS DA REDE DE INFORMACIÓN XUVENIL

CARNÉ XOVE <26

Os mozos entre 12 e 26 anos, interesados en obter o carné poden realizar todos os trámites nas dependencias da OMIX, para o que deberán aportar unha fotocopia do documento de identidade, unha fotografía e reencher un impreso, ademais de abonar no banco seis euros. O usuario recibirán o carné xove de xeito inmediato xunto a unha guía das catro provincias cos establecementos e servizos nos que poden conseguir descontos presentando o documento.

Información xeral

A OMIX do Concello do Valadouro presta información directa e inmediata á mocidade do Concello sobre os recursos e programas que se elaboran dende a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade así como resposta e asesoramento a todas as dúbidas que poidan ter os rapaces en relación co asociacionismo, emprego, sexualidade, axudas, viaxes, estudios, etc
Ademais disto esta oficina programa anualmente cursos, xornadas e charlas que teñan relación directa con problemáticas xuvenís. Exemplos disto son a celebración do Día da Sida, o Curso de Trastonos da Alimentación, Curso de Técnicas de Estudio, etc.

Cultura e lecer

Paralelamente a OMIX do Concello do Valadouro organiza unha serie de actividades de cultura e lecer que pretenden complementar a oferta das distintas institucións, centros académicos e asociacións, promovendo aquelas que son máis dificiles de levar á práctica neste concello.

  • Publicación da revista Búsola dedicada ós novos autores.
  • Semana de Multiaventura.
  • Xornada Vive o Ski!!
  • Torneos deportivos de baloncesto, fútbol-sala e natación
  • Concurso cultural Quid Valadouro
  • Certame de Banda Deseñada

 

Concello do Valadouro

Feira Nova N°1

27770 Ferreira do Valadouro – Lugo (Galicia)

info@valadouro.org

982 574 000
982 574 036
982 574 155