O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro, ás 19:00 horas chegarán a Casa do Concello para a súa recepción oficial na que será entregada a famosa chave que abre tódalas casas do Valadouro.

Acto seguido, sairán en Cabalgata desde a Casa Consistorial ata o Belén situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A ponte, Avenida de Viveiro…

Os nenos e nenas do Valadouro farán unha actuación no Belén e poderán entregar as súas cartas os Reis Magos, o rematar haberá unha degustación de chocolate.

👉🏻 Colabora A.C. Amado Lar O Valadouro

⛔️ Cortes e restricións no tráfico o día 5 de xaneiro de 2020 a partir das 19:00 horas.

❌ Avenida de Mondoñedo.
❌ Rúa Andrés Lopez Palmeiro.
❌ Praza de Santa María.
❌ Avenida de Viveiro.
❌ Rúa José Antonio Ferreire Gonzalez.
❌ Rúa Leandro Buján.

🚫 Prégase que, na medida do posible, durante o percorrido da cabalgata, deixen libre de vehículos unha marxe da rúa Feira Nova e da Praza de Santa María.