O 28 de marzo a Vila de Ferreira volta o pasado, ca XIV edición do Mercado Tradicional de Primavera.

Se estas interesado en colocar o teu posto de artesanía ou de produtos autóctonos presta atención a seguinte información.


NOTA: O formulario require Adobe Reader 8 ou superior, para máis información de como instalar Adobe Reader e configuralo https://get.adobe.com/es/reader/


NOMATIVA:

HORARIO MÍNIMO: De 10:00h. a 19:00h.

Establécese un compromiso de horario de participación mínima de cada un dos postos que forman parte do Mercado de Primavera entre as 10:00h. e as 19:00h.

A partires de ahí, será decisión de cada posto continuar ou recoller os seus produtos.

Poderase acceder ó recinto feiral con vehículos desde as 8:00h. e ata as 10:00h. e entre as 19:00h. e as 21:00h. e despois das 02:00h. do día 29 de marzo. Fora deste horario, solo poderán acceder ó recinto feiral os vehículos autorizados (animacións, etc…), organización e prioritarios de emerxencia.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 22 de xaneiro ó 18 de marzo

Establécese unha inscrición entre o 22 de xaneiro e o 18 de marzo podendo formalizarse nas oficinas da Casa da Cultura (de luns a venres de 10:00h. a 14:00h e de 16:30h. a 20:00h.), por teléfono no 982571516, por email en cultura@valadouro.org ou mesmo na sede electronica do concello de O Valadouro.

Se chegado o día ainda quedaran postos vacantes, estes poderíanse ocupar ata cubrir cupo.

UBICACIÓN:

A ubicación de postos do Mercado de Primavera será polas R/ Andrés López Palmeiro, R/Severino Cociña, Praza de Santa María(incl. O cantón)e Avenida de Viveiro.

CANTIDADE DE POSTOS:

Cada solicitude estará asociada a cada posto e cada posto asociado a un número de identificación fiscal.

DISTRIBUCIÓN:

A organización distribuirá os distintos postos polas rúas polas que transcurre o mercado atendendo a criterios de organización e comercialización.

CARACTERIZACIÓN:

Recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.

RESPONSABILIDADES:

A organización da actividade exímese de calquera tipo de responsabilidade sobre os postos e a mercancía que cadaquén oferte facéndose responable do produto alí exposto a persoa solicitante. Non se obriga a que os responsables de cada posto estean presentes todo o tempo diante ou detrás de cada posto pero si responsabilizarse dos produtos.

DECISIÓNS:

Os responsables de cada posto acatarán toda canta decisión se lle transmita desde a propia organización e/ou membros de seguridade e sempre baixo unhas condicións de repeto mutuo entre ambas partes.

Non facer caso das ordes recomendadas podería ser motivo de expulsión do mercado.