O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro, ás 19:00 horas chegarán a Casa do Concello para a súa recepción oficial na que será entregada a famosa chave que abre tódalas casas do Valadouro.

Acto seguido, sairán en Cabalgata desde a Casa Consistorial ata o Belén situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A ponte, Avenida de Viveiro…

Os nenos e nenas do Valadouro farán unha actuación no Belén e poderán entregar as súas cartas os Reis Magos, o rematar haberá unha degustación de chocolate.