Actualizado 25/05/2020 ás 13:00 horas

Ante a situación actual e a gran cantidade de información que nos chega por diferentes medios, O Concello de O Valadouro quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade.

Ante a situación de Alerta Sanitaria e importante seguir os consellos das autoridades sanitarias, obedecendo tódalas indicacións que se pidan a poboación.

O Concello de O Valadouro manterá actualizada a información a través desta páxina Web, das Redes Sociais Oficiais coa publicación tanto de novos Comunicados e Bandos se fora necesario tomar novas medidas por parte desta Institución.

Para seguir a evolución do COVID-19 recomendamos seguir a información a través das canles oficiais as que podes acceder premendo nos seguintes ligazóns.


FASE II

Que se pode facer na fase II, na seguinte ligazón podes descargar a guía completa.

Uso obrigratorio de mascaras.

A Orde SND/422/2020, do 19 de maio publicada hoxe no BOE  ten por obxecto regular o uso obrigatorio de máscaras por parte da poboación.

O uso de máscara será obrigatorio na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros.

Quedan obrigados ao uso de máscaras nos espazos sinalados as persoas de seis anos en diante.

A obrigación contida no parágrafo anterior non será esixible nos seguintes supostos:

  • Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.
  • Persoas nas que o uso de máscara resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da máscara.
  • Causa de forza maior ou situación de necesidade.



Medidas de contención decretadas polo Concello de
O Valadouro ante a situación de Emerxencia Sanitaria.

❌ O APRAZAMENTO da XIV Edición do Mercado de Primavera.

❌ O peche ó publico do Centro Sociocultural e da Terceira Idade Manuel Lourenzo (Casa da Cultura) desde o día 13/03/2020.

❌ A suspensión do Servizo de OES desde o 16/03/2020 e a recomendación de que na medida do posible os nenos non acudan o 13/03/2020.

❌ A suspensión das Escolas Deportivas desde o 13/03/2020.

❌ O peche do Ximnasio Municipal desde o 13/03/2020.

❌ Os permisos de uso do Pavillón Municipal e do Campo de Fútbol quedarán restrinxidos desde o 13/03/2020.

❌ A suspensión das Actividades Socioculturais desde o 13/03/2020.

❌ O peche dos Parques Infantís e ás Instalacións Deportivas desde o 13/03/2020.

❌ A suspensión dos Mercados Semanais Dos Sábados desde o 14/03/2020.

❌ Precintado ou peche de todalas fontes publicas do Concello de O Valadouro, garantindo o subministro dae auga a través da rede de abastecemento municipal.

✅ Crear unha Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19.

✅ Activar un Protocolo de Servizos Sociais.

Fomentar o teletraballo, e axilizar tramites administrativos.

Desinfección de mobiliario urbano e zonas públicas que poden ser un foco de contaxio.

Desinfección de todolos contenedores de lixo do Concello de forma regular.

✅ Activar un Protocolo de Recollida de Residuos.

✅ Colaboración co C.E.I.P Santa María, no reparto e impresión de tarefas para os alumnos.

Colaboración co I.E.S Alfoz-Valadouro, no préstamo de equipos informáticos e conexións a internet.

Reparto de mascarillas a nen@s entre 3 e 14 anos.

✅ Reanudase o Servizo de Recollida de Trastos. (Polo momento os particulares non poden acceder ás instalacións do Punto Limpo).

✅ Reanudase o Mercado Semanal dos sábados. (Unicamente para produtos alimentarios).

✅ Reparto de máscaras a toda a poboación.

✅ Abertas o público as Oficinas Xerais do Concello de O Valadoruo. Deberá solicitarse cita previa no teléfono 982574000 de 9:00 ás 14:00 horas.

✅ Activada a Agrupación de Protección Civil coas indicacións do CIAE-112

  • Colaboración con Asuntos Sociais no reparto de alimentos e medicamentos.
  • Apoio loxístico a medios de intervención.
  • Visitas a persoas maiores que viven solas para comprobar o seu estado.
  • Colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no cumprimento das medidas de limitación de circulación pola vía pública.
  • Aviso a poboación por megafonía das instrucións que dicten as autoridades competentes

Comunicados, Bandos e Carteis para a Descarga


Residuos Domésticos

Os residuos do doente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.

A bolsa de plástico (bolsa 1) debe pecharse adecuadamente e introducirse nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), ao lado da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador, e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.

A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (bolsa 3).

Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.

A bolsa 3 pechada adecuadamente depositarase exclusivamente no contedor verde.

Naqueles fogares nos que non haxa ningunha persoa que poida sair para depositar o lixo no contedor, deberá avisar ao Concello, para que se lle faga a recollida no seu domicilio, sempre cumprindo as medidas indicadas.


Servizos Sociais

AXUDA NO FOGAR:

  • Manterase a atención telefónica no telefono 982 57 40 00 ext. 2., que permitirá ás familias comunicar as incidencias que podan ocorrer: altas, baixas, suspensión, etc.
  • Suspéndese o servizo de axuda no fogar nos domicilios que reciban de forma exclusiva atencións de carácter doméstica, mantendo a cobertura da adquisición de produtos de primeira necesidade, para así evitar que a persoas usuaria saia do seu domicilio (facer a compra, ir a farmacia…).
  • Manterase o servizo nos domicilios onde ás persoas usuarias se lle realicen atencións persoais e non teñan coidadores principais que se podan facer cargo da atención ás necesidades básicas esenciais: aseo, hixiene persoal e do entorno próximo, vestido, tratamentos e prestación farmacéuticas, de alimentación e de soño.
  • Os números de teléfono tamén están dispoñibles para se algunha persoa necesita cubrir necesidades básicas (facer a compra, ir a farmacia…).
  • As altas novas serán por cuestións de urxencia social.

Prevención


Síntomas


Vídeos Informativos