BASES PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE O VALADOURO FÚTBOL.

1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.

Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2020/2021.

2.- OBXETO.

O obxecto das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro é principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no Concello de O Valadouro.

3.- INICIO E HORARIOS.

Inicio: 21/09/2020

Horarios:

 Cadetes (2005/2016) + Infantís (2007/2008): o Martes de 17:00 a 18:00 o Venres de 17:00 a 18:00.

 Infantís (2007/2008): o Martes de 16:00 a 17:00 o Mércores de 17:00 a 18:00.

 Alevín (2009/2010) + Benxamín (2011/2012): o Luns de 17:00 a 18:00 o Mércores de 16:00 a 17:00.

 Prebenxamín (2013/2014) + Biberón último ano (2015): o Venres de 16:00 a 17:00 .

 Biberón (2015/2016): o Venres de 16:00 a 17:00.

Lugar de realización: Campos de Fútbol e pavillóns polideportivos dos Concellos de Alfoz e O Valadouro.

Total de prazas dispoñibles: 25 por clase As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade.

A falta de asistencia ou puntualidade terá como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.

4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES.

As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades de conciliación e deberán cumprir os seguintes requisitos:

 Os alumnos deberán estar cursando estudos comprendidos entre 4º de educación infantil e 4º da ESO.

5.- SOLICITUDES.

Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.

As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende a data de publicación das presentes Bases ata o día 18 de setembro de 2020 as 14:00 horas para os alumnos que desexen comenzar a actividade o día 21 de setembro de 2020.

O prazo de inscrición quedará aberto todo o curso escolar. Si se completan as prazas para unha categoría, as persoas solicitantes pasarán a formar parte da listaxe de reserva.

A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade «Manuel Lourenzo» de O Valadouro, solicitando cita previa no teléfono 982 57 15 16.

Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Instancia Xeral” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.

As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:

 Copia do DNI.

 Declaración xurada (ANEXO II) onde garanticen que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía e que se compromete a comunicar calquera síntoma ou contacto directo con persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19.

6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN.

A instrución do procedemento corresponderá á Concelleira delegada de Servizos sociais, educación e xuventude, deportes, muller, familia e conciliación. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, elaboraranse 3 listas:

1. Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Fútbol. Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.

2. Solicitudes admitidas: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.

3. Solicitudes que deben ser subsanadas.

As citadas lista serán publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.

No caso de que se cubran todas as prazas, os proxenitores dos alumnos que pasen a formar parte da lista de reserva serán avisados antes do inicio da actividade.

7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO.

Poderán obter unha praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Fútbol aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude correctamente cumplimentada.

Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:

 Orde de rexistro de entrada da solicitude.

8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO.

Dará lugar á perda da praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.

Formarán parte das Escolas Deportivas a aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.

Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.

Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.

No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude na oficina situada no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade «Manuel Lourenzo» de O Valadouro.

Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores municipais.

Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.

O ratio por monitor establécese en 25 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos para COVID-19.

Xunto coa instancia de solicitude, os responsables dos participantes deberán asinar una declaración xurada onde garanticen que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía e que se compromete a comunicar calquera síntoma ou contacto directo con persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19.

Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes (de non ser posible evitar contactos, farase uso de xeles sanitizantes continuamente) e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras en todo momento e todos os participantes terán a libre disposición de xel sanitizante.

Por mor da PANDEMIA COVID-19 recoméndase que a inscripción se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da cultura con cita previa no 982 57 15 16 ou no e-mail cultura@valadouro.org.

9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE.

Os alumnos deberán acudir en todo momento respectando os horarios de entrada e saída.

No caso de ter 3 faltas de asistencia ou puntualidade inxustificadas, os proxenitores ou titores do alumno ou alumna perderán do dereito á praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.

Por motivos de seguridade e saúde, se as faltas de asistencia están xustificadas por motivo de síntomas compatibles coa COVID-19 do alumno ou alumna ou contacto directo do alumno ou alumna con persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 deberán comunicalo ao centro escolar, ao Concello de O Valadouro e ás autoridades sanitarias.

10.- PUBLICIDADE.

As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.

11.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA.

O correcto desenrolo das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro está condicionado á actual situación sanitaria, podendo sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación das Escolas Deportivas segundo sexa necesario para garantir a seguridade e saúde dos alumnos e alumnas participantes, así como do resto de alumnado do centro escolar, monitores, traballadores e as súas familias.

Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será notificado ás familias participantes.