O vindeiro sábado 5 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura dentro do programa Monicreques da Deputación Pronvincial de Lugo estará «Teatro Marionetas Trécola» interpretando a obra “Gaela quere ser Druida”.

O aforo de Salón está limitado conforme ás normativas para facer fronte á COVID-19.

Gaela quere ser Druida.

Gaela é unha nena castrexa moi activa que non se amedoña fácilmente, loita por defender a natureza e contra as inxustizas que vai atopando no camiño

Anda Gaela preocupada perseguindo ao Druida nun día moi importante para él, xa que en dúas lúas celébrase o consello de Druidas anual e non atopa un último condimento necesario para a súa nova poción.

Terá que demostrar ao Druida que ela pode ser o que desexe se pon todo o seu empeño, así terá que pasar divertidas e emocionantes probas para conseguir a súa capa branca.