Os Elfos de Papa Noel e os Paxes Reais informáronnos que este ano non poden realizar as recepcións ás nenas e nenos do Valadouro, coa pandemia do COVID-19 eles tamén teñen que protexerse, e así poder estar sans para percorrer todas as casas cargados de agasallos.

Tamén nos din que os nosos veciños máis pequenos portáronse moi ben no confinamento e que cumpren todas as normas que nos van recomendando as autoridades sanitarias, por ese motivo o Concello do Valadouro habilita unha plataforma para que cada neno ou nena poida manter unha videoconferencia con eles.

Cada papa ou mama deberá cubrir un pequeno formulario e elixir que data e hora prefire para recibir a chamada de Papal Noel e dos Reis Magos.

🎅 Formulario Papa Noel 👉 https://bit.ly/364pUfk

👑 Formulario Reis Magos 👉 https://bit.ly/3m9uCOu

Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora lembra que: Terás que ter dispoñible o teléfono móbil que rexistraches o día e á hora marcada.

É posible que os Reis ou Papá Noel sufran algún leve atraso, non te preocupes, iso é porque sodes moitos e encántalles falar.

De non dispoñer dun número de teléfono con whatsapp, ponte en contacto no seguinte enlace  https://bit.ly/2V4imTn e chamarante canto antes.