Xa se atopan expostas ó publico as Bases Xerais reguladoras da concesión de axudas por parte do Concello do Valadouro, para o transporte de estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos en centros públicos da comarca da Mariña.

Os interesados en acceder ás axudas deberán solicitalo no impreso normalizado que se atopa a disposición nas Oficinas Xerais do Concello, acompañando a documentación que no mesmo se indica.

O prazo para presentar as solicitudes é do 18 de novembro ó 9 de decembro de 2019.

Bases 👉 https://valadouro.sedelectronica.es