O Concello de O Valadouro, convoca o I concurso #QuedaNaCasa on-line para dúas modalidades: debuxo e  fotografía.


Modalidade debuxo on-line:

PARTICIPANTES:

Poden participar neste concurso nenos, nenas, mozos e mozas do Concello de O Valadouro.

TRABALLOS:

  • Temática libre.
  • Cada persoa poderá presentar ata 2 debuxos.
  • A dimensión máxima dos debuxos será en tamaño normalizado A-4 .
  • Os traballos deben ser orixinais e inéditos.
  • A técnica  será libre e poderase usar: acuarelas, lapis de cores, rotuladores, ceras, …
  • Os traballos escanearanse ou sacaráselles unha fotografía (con boa visibilidade de traballo) e enviaranse ó e-mail: concurso@valadouro.org coas seguintes indicacións:
    • Asunto:  CONCURSO DE DEBUXO ON-LINE
    • Corpo de e-mail: Nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, curso e centro de estudios, tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e número do documento nacional de identidade.
  • O concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.

CATEGORÍAS:

  • Infantil.
  • Primeiro ciclo de Primaria (1º, 2º e 3º curso).
  • Segundo ciclo de Primaria (4º, 5º e 6º curso).
  • Secundaria.

PREMIOS:

Haberá tres premios por categoría que consistirán en vales de compra para inverter en locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir por da declaración do ESTADO DE ALARMA e que deberán de ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega de premios.

  • Infantil (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€).
  • Primeiro ciclo de Primaria (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€).
  • Segundo ciclo de Primaria (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€)
  • Secundaria (1º premio: vale de 30,00€. – 2º premio: vale de 20,00€. – 3º premio: vale de 10,00€)

A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de ALARMA.


Modalidade fotografía on-line:

PARTICIPANTES:

Poden participar neste concurso persoas de máis de 16 anos do Concello de O Valadouro.

TRABALLOS:

  • Temática: #QuedaNaCasa.
    •  Trátase de que amoses o que fas neste tempos de corentena na túa casa.
    • Podes tratar o tema con humor.
    • Podes estampar os quefaceres da casa.
    • Descalificaranse imaxes consideradas obscenas ó igual que aquelas que representen insultos e abusos.
  • Cada persoa poderá presentar ata 2 fotografías en formato .jpg e 72ppp. de resolución (mínimo), un peso de 8 Megabytes(Mb) e tamaño mínimo de 1600×2300 pixeles
  • Os traballos teñen que ser orixinais e inéditos e non se admiten fotomontaxes.
  • Non se condiciona o uso exclusivo de medios para captar a fotografía, podendo usar móbil, cámara dixital, …
  • Os traballos enviaranse ó e-mail: concurso@valadouro.org coas seguintes indicacións:
    • Asunto:  CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ON-LINE
    • Corpo de e-mail: Nome, apelidos, idade, teléfono de contacto tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante (menor de 18 anos) e número do documento nacional de identidade.
  • O concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.

CATEGORÍAS:

  • Unha única categoría para adultos (máis de 16 anos)

PREMIOS:

Haberá tres premios que consistirán en vales de compra para inverter en locais comerciais do concello de O Valadouro que non puideran abrir por da declaración do ESTADO DE ALARMA e que deberán de ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega de premios.

  • 1º premio: vale de 60,00€.
  • 2º premio: vale de 40,00€.
  • 3º premio: vale de 20,00€.

A entrega de premios farase en acto oficial despois de que remate o Estado de ALARMA.


PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación remata o luns 6 de abril de 2020 ás 23:59h.

XURADO:

O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde-Presidente,  Concelleira de Cultura, Persoal Administrativo do centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello de O Valadouro e/ou persoas que se designe.

VALORACIÓN:

Os traballos subiranse ás redes sociais municipais (facebook) e os visitantes poderán darlle a “ME GUSTA” en cada foto. Cantos máis “ME GUSTA” teña cada traballo máis puntos obterá.

A votación pública será entre o 7 de abril ás 0:00h e o 10 ás 23:59h.

O resultado dos dez máis votados será o que terá que valorar o xurado que se reunirá telemáticamente para determinar veredicto e facer público os gañadores dos premios.


BASES COMPLETRAS: