Biblioteca Municipal

BIBLIOTECA MUNICIPAL
Casa de la Cultura.

Rúa Diputación 6

Código Postal 27770 – Ferreira

Horario:

luns a venres de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 Horas

cultura@valadouro.gal

TELÉFONO: 982 57 15 16

Rede de bibliotecas de Galicia

Información xeral

Na actualidade, a Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro sobrepasa con creces os 12.000 exemplares rexistrados. Os socios poden levar para a casa ata tres de aqueles exemplares que están en préstamo por un período de 21 días e que se poden renovar por un período de outros 21 días, de maneira presencial ou a través da web. 

FAITE SOCIO!

Facerse socio da Biblioteca é gratuito. Ademáis é un carné válido para usar en calquera Biblioteca dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Débense de facilitar os datos persoais, enderezo, teléfono de contacto… e nese momento xa se poden levar á casa ata tres exemplares da Biblioteca.

Distribución e uso das salas

A Biblioteca Pública Municipal conta con varias dependecias: 

  • Sala de traballo-estudo convenientemente iluminada con varias mesas e conexión a Internet.
  • Sala de informática, un local de acceso público habilitado polo Concello onde se pon a diposición de todos os cidadáns un contorno de acceso gratuito a Internet de banda ancha en condicións de calidade. Ésta conta con 7 ordenadores e unha mesa de traballo por si se prefire traer recursos propios. 
  • Biblioteca, onde se atopan os libros que os socios poden levar en condicións de préstamo, así como unha zona de lectura infantil.
  • Oficina de xestión da Biblioteca, na que se atopan os datos dos libros, usuarios e o servizo de reprografía, onde os usuarios poderán facer uso del ao prezo estipulado polo concello.

Cultura e lecer

Paralelamente a Biblioteca Pública Municipal do Concello do Valadouro colabora e organiza unha serie de actividades de cultura e lecer que pretenden complementar a oferta das distintas institucións, centros académicos e asociacións.
Concello do Valadouro
Feira Nova N°1

27770 Ferreira do Valadouro – Lugo (Galicia)

info@valadouro.org
982 574 000
982 574 036
982 574 155