A través da presente convocatoria, o Concello de O Valadouro proponse a consecución dos seguintes obxectivos:

Como consecuencia do impacto económico orixinado polo COVID-19, estas axudas dirixidas ao exercicio 2020 pretenden:


• Erradicar do noso municipio a pobreza enerxética.

• Garantir o nivel de calidade de vida e de benestar de todos os veciños do concello de O Valadouro, especialmente a suficiencia económica da terceira idade, xa que constitúe o sector maioritario da nosa poboación

• Fomentar o asentamento de veciños no noso municipio, evitando o éxodo rural á costa e ás cidades.

• Compensar a xeración de riqueza dos nosos recursos naturais explotados por empresas con sedes fiscais fóra do noso territorio, e tamén compensar o impacto medioambiental de forma directa nos veciños e veciñas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN.

 O primeiro abarcará ata o 1 de setembro (incluido)
 O segundo abarcará ata o 10 de decembro (incluido)

BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO PAGO DA FACTURA DO SUMINISTRO ELÉCTRICO DO CONCELLO DE O VALADOURO.

Anexo Solicitude.