 |
|
|
|
|
| PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA |
Punto de Atención á Infancia do Concello de O Valadouro
R/ Diputación , nº7 Código Postal 27770 Ferreira.
TELÉFONO: 620 216 924.
- FAX: 982 57 43 03
E-mail:
Aberto dende Setembro ata Xullo, sendo Agosto o mes vacacional.
Inicio de prestación do servizo dende Agosto do 2006. |
- Persoal de atención: Rosa María Fernández Eijo. Licenciada en Psicopedagoxía que exerce como directora do centro.
- Persoal de atención: Patricia Rodriguez González.Técnico Superior en Educación Infantil.
|
|
O Punto de Atención á Infancia (P.A.I ) do Concello de O Valadouro configurase como un establecemento diúrno e de titularidade municipal, encadrado nos Servizos Sociais especializados do Concello, e que ten como finalidade prestar unha atención de apoio ós pais e nais, titores/as ou gardadores/as dos nenos/as entre 3 meses e 3 anos.
O P.A.I do Concello de O Valadouro conta con vinte prazas, reservando o 10% de prazas ( 2 ) sen cubrir para atender necesidades puntuais.
O P.A.I cumpre unha dobre función asistencial e educativa, proporcionando aos seus usuarios e usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica dirixida ao desenvolvemento integral e harmónico dos/as nenos/as.
|
O P.A.I conta cos seguintes espazos:
- Zona de preparación de alimentos.
- Zona de gatexo.
- Zona de descanso.
- Zona de hixiene.
- Aseos ( 2 ).
- Zona de xogos ao aire libre delimitada e valada en todo o seu perímetro.
- Despacho.
|
|
O carácter educativo do P.A.I fai que este conte cunha programación de actividades extensa, basada en realización de fichas educativas adaptadas ás idades dos/as nenos/as, e actividades puntuais ( entroido, dia da paz, dia da tolerancia, dia do medio ambiente, etc ), esta programación e actividades básase en tres áreas de coñecemento:
- Identidade e autonomía persoal.
- Medio físico e social.
- Comunicación e representación.
|
A reserva de praza para o Punto de Atención á Infancia realizanse, normalmente, durante o mes de Maio nos Servizos Sociais Municipais. Esta data é orientativa, xa que pode sufrir modificacións.
O prazo de preinscripción anunciase mediante bandos municipais coa data e prazo para realiza-lo, ó igual que coa documentación necesaria para reservar a praza. |
|
|
|
| |
|
|