 |
|
|
|
| OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL - OMIX |
Casa da Cultura. Concello de O Valadouro.
R/Avda da Diputación 6 - Código Postal 27770 - Ferreira
TELÉFONO: 982 57 15 16.
- FAX: 982 57 43 03
E-mail:
Horario: de luns a venres de 16:00 a 20:15 horas e sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Técnico: Suso Rubio. |
| A Oficina Municipal de Información Xuvenil é unha estructura informativa integrada na RIX (Rede de Información Xuvenil) de carácter municipal que presta servicios de información ós xoves do seu concello. |
| SERVIZOS |
CARNÉ XOVE <26
Os mozos entre 12 e 26 anos, interesados en obter o carné poden realizar todos os trámites nas dependencias da OMIX, para o que deberán aportar unha fotocopia do documento de identidade, unha fotografía e reencher un impreso, ademais de abonar no banco seis euros. O usuario recibirán o carné xove de xeito inmediato xunto a unha guía das catro provincias cos establecementos e servizos nos que poden conseguir descontos presentando o documento. |
INFORMACIÓN
A OMIX do Concello do Valadouro presta información directa e inmediata á mocidade do Concello sobre os recursos e programas que se elaboran dende a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade así como resposta e asesoramento a todas as dúbidas que poidan ter os rapaces en relación co asociacionismo, emprego, sexualidade, axudas, viaxes, estudios, etc
Ademais disto esta oficina programa anualmente cursos, xornadas e charlas que teñan relación directa con problemáticas xuvenís. Exemplos disto son a celebración do Día da Sida, o Curso de Trastonos da Alimentación, Curso de Técnicas de Estudio, etc. |
CULTURA E LECER
Paralelamente a OMIX do Concello do Valadouro organiza unha serie de actividades de cultura e lecer que pretenden complementar a oferta das distintas institucións, centros académicos e asociacións, promovendo aquelas que son máis dificiles de levar á práctica neste concello.
- Publicación da revista Búsola dedicada ós novos autores.
- Semana de Multiaventura.
- Xornada Vive o Ski!!
- Torneos deportivos de baloncesto, fútbol-sala e natación
- Concurso cultural Quid Valadouro
- Certame de Banda Deseñada
|
|
|
| |
|
|