Concello do Valadouro
O Concello
Saúdo do alcalde
Corporación municipal
Emprego
Traballo Social
Atención á Infancia
Casa da Cultura
Guía municipal
Documentación Municipal
Boletín informativo
Liña Directa
Axenda
Titirimaxia 08. Cultura Vai
17 maio Os Barballocas 19 horas/31 maio Mago Xacobe 19 horas/14 xuño Títeres Cachirulo 19 horas/28 xuño Benxamín 19 horas.(Salón de Actos-Casa da Cult...[+]
alcalde
Patrimonio
Festas e outros eventos
Historia
O Entorno
Descubre O Valadouro
es
ga
SAÚDO DO ALCALDE
É unha honra para min, como Alcalde do Valadouro, presentárvos a web oficial deste concello e inaugurar polo tanto a presenza desta institución na sociedade de información e das novas tecnoloxias.

Nestes albores do século XXI faise imprescindible que teñamos unha ubicación dixital para poder promocionar o noso municipio máis alén de calquera límite xeográfico, mellorar o servizo que o concello presta ós veciños ou facer unha eficaz publicidade das nosas convocatorias e actividades.

Agora o Concello do Valadouro responde a este reto e esixencia abrindo o seu espazo virtual na rede de redes, queremos que esta páxina sexa unha casa común de todos vos tanto para as xentes de aquí como para os visitantes que queiran coñecer este enclave mariñán cheo de fermosas paraxes, como a inigualable Serra do Xistral, espacio de Rede Natura e un dos ecosistemas máis intactos de Galicia, a espectacular e emocionante Rapa das Bestas, o noso abondoso patrimonio arqueolóxico e as súas pegadas nas pedras dun pasado mítico, as igrexas, capelas, cruceiros, as nosas citas gastronómicas, festas, folklore e a vivencia en definitiva dunha xente orgullosa do seu orixe e con vistas a un futuro de esperanza...

Esta web é tamén parte dese futuro que queremos compartir con vos, abertos as vosas ideas, aportancións e suxerencias para facer entre todos un sinal de identidade que a xente poida admirar.

Hoxe Valadouro está no mapa dixital que todo o mundo pode consultar, no enderezo www.valadouro.org está o teu concello, está O Valadouro. Benvidos e boa viaxe por estas terras.

D. Eulogio Fernández Sampayo. Alcalde do Concello do Valadouro.