Concello do Valadouro
Patrimonio
Restos Arqueolóxicos
Arquitectura Relixiosa
Arquitectura Civil
Arquitectura Popular
Mobiliario
Paleolítico
Neolítico
Idade do Bronce
Idade do Ferro
 
Dolmen
O Concello
Saúdo do alcalde
Corporación municipal
Emprego
Traballo Social
Atención á Infancia
Casa da Cultura
Guía municipal
 
Documentación Municipal
Axenda
Contacto
 
Festas e outros eventos
Historia
Descubre O Valadouro
O Entorno
PALEOLÍTICO - EPIPALEOLÍTICO RESTOS ARQUEOLÓXICOS
Serra do Xistral forma parte da Red Natura, o mesmo que o río Ouro ou Douro. Lugar de caza preferente. O Cadramón, na época do Paleolítico, era un lugar de caza preferente.
“El plan eólico está permitiendo el descubrimiento de un patrimonio de época muy prehistórica, la paleolítica. En este caso no se trata de hallazgos de tipo monumental sino de piedras dispersas por amplias superficies que podrían constituir los lugares de caza preferentes de estos hombres prehistóricos” (FELIPE CRIADO, 08-03-2001).
Xacementos na Serra do Xistral
“Ha supuesto una importante oportunidad para estudiar la disposición del espacio durante la época paleolítica. Según los encargados del estudio del impacto ecológico, Xistral es una zona especialmente problemática que ha exigido la petición de un plan de investigación global para toda la sierra... Se han encontrado muestras de industria líptica paleolítica y epipaleolítica y se investiga el modo en que se utilizaba el suelo” (FELIPE CRIADO, 08-03-2001).
XACEMENTO Nº 1
Nome do xacemento: Chao da Cruz (YA980911D01). Clave de identificación: GA. 27. 063. 011.
Situación: Chaira do Cabalar-A Veiga Rubia. Ao pé do Coto do Cadramón. Estrada Ferreira-O Cadramón-Abadín: pasada a capela da Santa Filomena e pasado o desvío á esquerda que leva ao Pereiro, a primeira pista á dereita. Parque eólico Álabe-Cadramón. Entidade de poboación máis próxima: As Folgueiras. Parroquia: O Cadramón. Concello: O Valadouro. Período: Paleolítico-Epipaleolítico.
(MARÍA DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO, 03-09-2003).
Unha vez no Centro de Control dos eólicos, e detrás deste, chégase a un cruce e á man dereita hai tres muíños eólicos. Realizáronse dúas catas, unha ao pé do primeiro muíño, a outra baixo o terceiro deste tramo. (ABEL VIGO GARCÍA, 29-07-2003).
Achados
“La industria lítica recuperada está formada por unos dos mil ejemplares, en su mayor parte de utensilios de soporte tipo lasca elaborados en materias primas locales (cuarzo, cuarcita y cristal de roca). Junto con estos materiales se han hallado núcleos sobre canto y prisma y abundantes restos de talla. La industria en líneas generales se caracteriza por sus reducidas dimensiones y por la escasa presencia de elementos retocados. Las caraterísticas tecnotipológicas del material permiten encuadrarla en momentos finales del Paleolítico Superior y Epipaleolítico” (Mª DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO, 03-09-2003).
XACEMENTO Nº 2
Nome do xacemento: As Penas do Carballido. Clave de identificación: GA. 27. 063. 012.
Situación: Campo do Carballido-O Xesto. Parque eólico Álabe-Nordés. Entidade de poboación máis próxima: Ferrocente. Estrada Ferreira-O Cadramón-Abadín: desvío á dereita da capela da Santa Filomena, que leva ao Repetidor de Televisión e aos parques eólicos de Álabe-Soán e Álabe-Nordés. A medio camiño ao repetidor, ábrese unha pista á man dereita, que leva ao parque eólico Álabe-Nordés e á subestación deste parque. Unha vez alí, mirando para o norte vese un afloramento de penedos no que se empraza o xacemento. Son as Penas do Carballido. Abrigo en visera orientado cara ao sur protexido dos ventos dominantes do inverno (N-NL) debido a un desprendemento do soporte pétreo.

Achados
Útiles sobre lasca (52 pezas):

  • cuarzo (63,4%)
  • cristal de rocha (32,7%)
  • sílex (1,9%)
  • cuarcita (1,9%).
  • Soportes retocados: 24.
  • Perforadores: 5.
  • Puntas: 5.
  • Microlitos: 4.
  • Burís: 3.
  • Muescas: 3.
  • Raspadores: 2.
  • Diversos: 6.

(Mª DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO, 2002).

   
  • Diversos: 6.
  • (Mª DEL MAR LÓPEZ CORDEIRO, 2002).