|
|
| IDADE DO FERRO |
RESTOS ARQUEOLÓXICOS |
| CASTROS |
| Adornos: Torques |
| Aínda que se descoñece a localización exacta dos torques aparecidos no Valadouro, os investigadores mencionan tres exemplares. Incluímolos no primeiro castro que figura neste inventario coa finalidade de non esquecer a mención destas valiosísimas pezas, non porque teñan necesariamente relación coas Croas de Bacoi. |
“Entre los hallazgos arqueológicos realizados en Valadouro hacia el siglo XIX, destacan tres torques de oro que Fermín Bouza-Brey describe como procedentes del Valle de Oro, aunque de lugar incierto (F. BOUZA-BREY, 1965). Sus características son descritas por este autor de la siguiente manera; por lo que respecta al primero: Su varilla es maciza, de sección cuadrada; mide cuatro milímetros por cada lado. En el punto de unión con los remates, esta medida uniforme disminuye apenas. Dichos remates son en forma de perilla; pero terminada en punta roma, de suerte que la circunferencia terminal mide 10 milímetros de diámetro. Carece de decoración. El desarrollo de la pieza es de 330 milímetros, de cuya medida corresponden 35 milímetros a cada uno de los remates. Su peso es de 259 gramos. Diámetro máximo interior, 114 milímetros.
En el caso del segundo: Su varilla es maciza, de sección circular y mide 6 milímetros de diámetro en la parte central, adelgazando paulatinamente hacia los extremos, hasta alcanzar entre cuatro y tres milímetros en las proximidades de la soldadura con los remates. Esta varilla está lisa o descubierta en su parte media y cubierta de alambre enrollado en sus dos tercios más proximos a las extremidades. La porción central, lisa, está flanqueada por sendos grupos de dos espirales de hilo soldadas, tangentes en la parte externa de la varilla y ligadas a su vez en esta parte por un semicírculo formado también con hilillos, que compone un adorno visible. Los remates son en forma de perilla de terminación muy suavemente redondeada, de sección elipsoidal, sin quiebra en sus líneas como sucede en el torques antecedente de aspecto más piriforme. Su desarrollo es de 368 milímetros, de los que pertenecen 33 a cada remate. Su peso es de 232 gramos. Diámetro máximo interior, 131 milímetros.
El tercero: Su varilla se compone de tres partes: la central, entre junquillos, decorada con tres zonas de lazos sencillos o trenza de filigrana separadas por hilos funiculares y las dos laterales o inferiores con alambre enrollado. Los remates son en doble escocia. Mide la varilla en su parte central más ancha nueve milímetros, y en su parte más estrecha, que es la unión con los remates, solamente cinco. Su desarrollo es de 360 milímetros. Su peso sólo de 193 gramos. Diámetro máximo interno, 137 milímetros. Es, pues, el más abierto de los tres” (A. CANOURA QUINTANA, 2000).
“Se trata de una serie de tres torques que presentan, por lo menos en lo que a la primera descripción se refiere, una clara semejanza con los descritos por Villaamil y Castro, y descubiertos en Viveiro, Riotorto y Masma. El segundo correspondería al tipo denominado ártabro en la clasificación de Monteagudo (LUÍS MONTEAGUDO, 1952) y el tercero al tipo astur-norcalaico, presentando la varilla cubierta por alambre enrollado. Esta característica presente en los torques de Valadouro nos podría llevar a la hipótesis de una posible llegada de elementos celtas a las costas del norte de Lugo, procedentes de Bretaña, y con influencias de la Galia hacia el siglo IV A. C. Protoceltas que se establecerían en los poblados indígenas constituyendo el substrato céltico de la zona” (A. CANOURA QUINTANA, 2000).
|
Aurelia Balseiro data o segundo e terceiro torques entre os séculos III-I a. C.
Segundo torque (Nº Catálogo 30).
Obxecto: colar ríxido. Medidas: diámetro: 13,1 cm; lonxitude: 36,8 cm; grosor: 0,6 cm. Material: ouro. Peso: 232 gr. Lugar: O VALADOURO, Mondoñedo. Data de decubrimento: século XIX? Localización actual: propiedade particular. Cultura: castrexa. Cronoloxía: III-I aC
Descrición: colar ríxido en forma de C composto por variña de sección circular e remates piriformes. Os dous terzos inferiores cubertos por arames enroscados, con espirais dobres aplicadas a cada extremo da parte central. (A. BALSEIRO GARCÍA, 1994).
Este é o torque que debuxou Fermín Bouza Brey no ano 1965.
Terceiro torque (Nº Catálogo 27).
Obxecto: colar ríxido. Medidas: diámetro: 13,7 cm; lonxitude: 36 cm; grosor: 0,9 cm. Material: ouro. Peso: 193 gr. Lugar: O VALADOURO-MONDOÑEDO-FOZ. Data: século XIX. Localización actual: propiedade particular. Cultura: castrexa. Cronoloxía: III-I a. C.
Descrición: Colar ríxido en forma de C, composto por variña de sección circular e remates en dobre escocia. Os dous terzos inferiores están cubertos por arame enroscado e na parte central presenta unha decoración de filigrana aplicada que forma tres bandas paralelas de 8 ou 88 entrelazados, separadas por fíos funiculares (A. BALSEIRO GARCÍA, 1994). |
Budián: CASTRILLOI
Situación: Castrilloi. Coto de 301 metros de altura. Á dereita da estrada Ferreira-Cangas. Período: Idade do Ferro. Clave de identificación: GA. 27. 063. TOP. |
Pereiros: CASTRO DO COUTO DA CROA
Situación: O Couto da Croa. Coto de 247 metros de altura. Á esquerda da estrada Ferreira-Cangas. Lugar: Pereiros. Período: Idade do Ferro. Existen restos visíbeis dos muros. A igrexa parroquial está ao pé do castro. J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878). En Trasisto existe O Camiño dos Mouros, que baixa desde a croa.
Figura co número 12 entre os 63 castros da metade norte da provincia de Lugo que menciona ou describe Villa-Amil y Castro (J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878).
Figura no Inventario do Patrimonio Cultural da provincia de Lugo. Histórico-Artístico. Arqueoloxía: Castrexo (DOG, nº 133, 12-07-1991).
Clave de identificación: GA. 27. 063. 006.
UTENSILIOS
Muíños de man: Situación: San Cristovo. Nunha cabana hai un muíño de man, que acharon no mesmo lugar onde estivo situada a capela.
CERÁMICA
Terra sigillata (R. REIGOSA, 29-07-2004). |
Alfoz:
CASTRO DO COUTO DE MONTOXO
Situación: arriba da igrexa parroquial de San Vicente. Parroquia: Lagoa. Concello: Alfoz. Período: Idade do Ferro. A igrexa está fóra da croa e do castro, na aba do monte. Na croa está A Pena do Encanto. Existen lendas. Había A Pena da Muller e desfixérona para facer pedra.
O castro está na vertente que pertence á parroquia de Lagoa, mais non nos parece forzado se o mencionamos tamén nesta parroquia de Frexulfe, polo interese do contorno.
Parroquia: Frexulfe. Concello: O Valadouro.
Na parte do Couto de Montoxo correspondente a Frexulfe está A Pena Moura, mencionada por Villa-Amil y Castro (J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878). Existen lendas que falan desta pena (X. PISÓN & M. LOURENZO & I. FERREIRA, 1998).
Figura co número 14 entre os 63 castros da metade norte da provincia de Lugo que menciona ou describe Villa-Amil y Castro (J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878). Tamén hai lendas que fan referencia ao couto. O castro do Couto de Montoxo pertence ao grupo de castros situados en terreos completamente incultos (J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878). |
A Laxe:
O MONTE DOS CASTROS
Situación: Augarrío.
Neste contorno existe o lugar de Subcastro, onde están Os Pasos do Amieiro, sobre o río Ferreira. No ano 2000, Xesús Pisón fixo unha visita que, por dificultades de acceso á propiedade particular, non obtivo resultados afirmativos de restos castrexos. No ano 2005, o arqueólogo Juan López Calzada realiza unha visita á zona e confirma a existencia de dous parapetos ou defensas. (04-08-2005). |
Moucide:
A CROA
Clave de identificación: GA. 27.063.005? Pendente de localizar. |
Recaré:
CASTRO DE RECARÉ
Situación: O Coto ou Couto dos Castros. Período: Idade do Ferro. Clave de identificación: GA. 27. 063. 008.
Está situado a uns 3 Km de Ferreira, en dirección sur, tendo como referencias máis inmediatas os lugares de: A Estibada, As Carballas e Fonte da Vila. Emprazado entre os ríos Recaré e Vao, sobre unha formación montañosa, situada no medio da chaira. O castro está cuberto de vexetación, en especial piñeiros e eucaliptos. Hai pedras superpostas (XOSÉ MANUEL CASABELLA LÓPEZ). Dobre parapeto e dobre foxo. Leváronse restos prehistóricos para o Museo Privincial de Lugo. Na cara norte, dentro da croa do castro, érguese a igrexa parroquial, de refuxio, século XVIII. Medidas: 420 m (Norte-Sur); 570 m (Leste-Oeste)
Figura no Inventario do Patrimonio Cultural da provincia de Lugo. Histórico-Artístico. Arqueoloxía: Castrexo. (DOG, nº 133, 12-07-1991).
Figura co número 13 entre os 63 castros da metade norte da provincia de Lugo que menciona ou describe Villa-Amil y Castro:
UTENSILIOS
Muíños de man
Hai noticia de que se acharon muíños de man neste castro de Recaré.
Fornos
Villa-Amil y Castro menciona un forno, nunha casa ao pé do couto. Lugar: A Pena. Forno non localizado.
“El hallazgo del llamado horno al pié del castro de Recaré, en el llano” (J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878).
“Tambien, ya casi en el llano, y en el sitio conocido por da pena, se halló construccion de hechura de horno, como las que, ..., han sido encontradas en Zoñan [Mondoñedo] y Villamor [Mondoñedo]” (J. VILLA-AMIL Y CASTRO, 1878). |
San Tomé de Recaré:
CASTRO DE SAN TOMÉ
Situación: couto da igrexa parroquial. Período: Idade do Ferro. A 4,4 Km de Ferreira e a 1 Km de Recaré, en dirección suroeste, tendo como referencias máis inmediatas As Casas de Riba, Puñín e A Muxueira. Emprazado nas estribacións montañosas do oeste do val. Este castro menciónao Villa-Amil y Castro en 1907. Tamén o cita Fernando Monterroso Carril na Gran Enciclopedia Gallega. O castro é pequeno, ten unha croa duns 40 m de diámetro e nela asenta a igrexa parroquial e mais o santuario do Santo Cristo. Forman as defensas ramplas en número de tres. Fundamentalmente nas vertentes N, S e L, xa que a zona W do castro elévase cara á montaña. A caída das ladeiras do castro, non obstante, é máis pronunciada que as do castro de Recaré.
Tumbas de pedra
Situación: ladeira do castro da igrexa, estrada. Cando se fixo a pista que leva á croa apareceron tumbas cavadas na pedra. Sobre isto temos confirmación por unha das persoas que traballaron nesa obra. (CILLO CASTRO, inédito).
“Eran tumbas antropomorfas con curiosa iconografía que desapareceron baixo a estrada” (R. REIGOSA MÉNDEZ, inédito). |
Santa Cruz do Valadouro:
CASTRO DE SANTA CRUZ
Situación: Suaigrexa. Onde está a igrexa parroquial. A 2 Km da vila de Ferreira, en dirección suroeste, no couto da igrexa parroquial, tendo como referencias máis próximas os lugares de Albares, Pazos e Lodeiros. Período: Idade do Ferro. Clave de identificación: GA. 27. 063. 010. Medidas: Eixo NO-SL: 375 m; Eixo NL-SO: 250 m. Superficie: 0,9 Ha.
O castro presenta dúas ramplas de desnivel ben pronunciado e está rodeado do que parece un murallón de terra e pedras. No cumio ou croa, duns 60 m de diámetro, está emprazada a igrexa parroquial. É un castro amplo e ben conservado, se ben inzado de eucaliptos e piñeiros, agás na croa. Unha parte da segunda rampla está ocupada polo cemiterio (CILLO CASTRO, inédito). A uns 500 metros encóntrase o lugar da Torre, posíbel emprazamento dunha torre de Pardo de Cela, hoxe desaparecida, e a 1 Km Cendemil, que conserva os restos doutra fortaleza do Mariscal.
Fiestra, columna e utensilios (muíños de man, cerámica)
“Cara ao ano 1959 abriuse unha estrada veciñal Ferreira-Batán, que pasa ao pé do castro, e acháronse restos de muíños de man (celtas ou romanos) e unha pedra con caracteres probablemente visigóticos. (F. MONTERROSO CARRIL, GEG, t. XXIX). No ano 1987 ampliouse un camiño de acceso á igrexa e apareceron uns cimentos a uns dous metros de profundidade, muíños redondos e barquiformes, unha columna de dimensións considerables, que está in situ [Enterrada no lugar onde se achou, F. MONTERROSO CARRIL, 12-04-2001], bastantes fragmentos de cerámica popular e cerámica fina gravada. As escavacións estiveron dirixidas polo Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela” (F. MONTERROSO CARRIL, 1988).
“Escavacións recentes no castro denotaron a existencia de abundantes restos visigodos, entre os que podemos citar unha fiestra calada de estilo prerrománico asturiano, amais de abundante cantidade de muíños de man da época celta” (R. REIGOSA MÉNDEZ, inédito).
“Donde recientemente se han encontrado restos arqueológicos que muestran la existencia de una antigua población. Molinos barquiformes celtas o de época romana y una piedra con caracteres visigóticos, muestras de cerámica vulgar y fina grabada, así como una columna” (A. CANOURA QUINTANA, 2000).
Existen muíños de man na Casa de Aurelio (As Curuxeiras) e outro na Casa de Lobeira (Cendemil). Este último apareceu roto recentemente (2006). |
|
|