|
| ARQUITECTURA RELIXIOSA sinópse do noso pasado |
| Habería que advertir en primeiro termo o esquema que se empregará nesta sección, a cal non será unha mera descrición das igrexas que nos ocuparán, senón que se baseará na súa estilística para dese xeito poder comprendelas no seu conxunto. |
| Botándolle unha ollada ás fotografías que acompañan ao texto, pronto un daráse conta da falta de variabilidade da estilística arquitectónica relixiosa no Val, ou cando menos é o que aparenta, xa que a maioría das construccións das que falaremos contan cunhas datas relativamente recentes – dos séculos XVII ao XVIII – salvo algunha digna exepción. Pódese decir pois que a nosa arquitectura relixiosa é fundamentalmente de época barroca, pero cunhos claros antecedentes medievais (coa inclusión de restos desa época histórica nas construccións), momento no que se formaron a maioría das parroquias. Isto é moi normal, dado que a chegada de estilos ata estas zonas xeográficas era complexa pola falta de viais e a horografía. Deste xeito denótase unha ausencia case completa de restos renacentes, os cales os vamos a encontrar como moito en algún retablo, pero non directamente na arquitectura (ou case nunca). |
Barroco
Comezaremos pois polas igrexas de estilo barroco, xa que sendo as máis numerosas, serán por lóxica nas que máis parecidos vamos a encontrar.
Repiten na súa maioría un equema máis ou menos común: tres naves con cruceiro cupulado e presbiterio-ábside adiantado, coa inclusión da sacristía coma un anexo; teitos a duas augas cobertas de lousa; estilo contundente, cunha gran influencia románica: e en algúns casos co adrio cuberto e a torre campanario anexionada a éste, pero non formando parte del.
Este é o caso de varias igrexas parroquiais, sendo a de Santa Cruz e a de San Xoan de A Laxe as máis representativas, xa que cumpren o esquema case a raxatabla.
A igrexa de Santa Eulalia de Frexulfe (1779), en cambio, modifica este esquema para cubrir o adrio da entrada secundaria, deixando a principal ao descuberto.
As igrexas de San Xulián de Recaré e Santa Eulalia de Budián modifican aínda máis o esquema proposto, eliminando a cubrición do adrio e a torre campanario, pasando así a campá a intergrarse no alto do cruceiro no caso de San xulian e na fachada no caso de Budián.
As máis pequenas – Santa María de Vilacampa (S:XVII) e Santo Estevo de Moucide – simplifican máis este esquema, deixando o conxunto cunha soa nave e co esquema da fachada de Santa Eulalia de Budián, tendo a primeira delas un curioso campanario dobre na súa fachada. |
 |
A igrexa parroquial de Santa Cruz aséntase sobre a antiga igrexa visigótica, da cal se conservan restos in situ – unha tracería dun vano. Ésta á súa vez estivo asentada sobre o que foi un castro de época romana. |
Tanto os restos achados – muiños de pedra de pequeño tamaño...- coma a sua situación – sobre un curuto, usados nas culturas castrexas con frecuencia polas suas facilidades defensivas- demostrarían isto. A construcción do actual edificio data do ano 1667.
Posúe ademáis restos de outras edificacións: o dintel de talla barroca policromada de orixe popular da entrada principal, traído poliblemente do antigo convento da Veiga de Santa Cruz – do cal so queda a sua veracidade documental e o lugar-, e un claro exemplo. Nel representase a Eva e Adan flanqueando a Satanás, nunha clara alusión ao Pecado Orixinal. O seu retablo maior e un perfecto traballo de talla de tendencia Churigueresca cun preciosista acabado con pan de ouro, sendo os demáis xa posteriores – neoclásicos -, pero non por iso menos importantes. |
| Tamén en San Estevo de Moucide vamos encontrar un retablo barroco – o maior, no que ademáis está presente unha Santa Lucía datada no século XIV (tardogótica). Nesta mesma igrexa hai varios restos renacentes, como o son o retablo dereito e a cruz procesional - ámbolos dous do século XVI, así como un floron de orixe visigótica. |
| Outro retablo da mesma orixe – barroco churiqueresco - o encontramos en San Xulián (S.XVIII) – ao igual que na Igrexa de Santa Cruz asentada sobre un castro -, onde se representan aos Santos Atón, Roque e Nicolás, asi como a Santa Lucía e á Dolorosa. Conserva a parroquia a lápida de Domingo Díaz (parroco) con inscrición do 1611, unha cruz procesional de estilo Plateresco e unha pila bautismal de orixe románica, a cal nos leva dereitos aos orixes da cristanización do Val. |
San Xoán de A Laxe
 |
En San Xoan de A Laxe (S.XVIII), podese ver unha importante cruz de prata, é a cruz procesional barroca. Posúe ademáis tres retablos de orixe neoclásico, cunhos acabados moi cercanos aos dos outros retablos do mesmo estilo que se encontran nas edificacións relixiosas do Valadouro. |
|
| Budián conserva tamén o seu retablo neoclásico – ao igual que Santa Eulalia de Frexulfe - e unhas lápidas de orixe tardogótico (S.XIV). |
| Xa de época posterior é unha desas dignas excepcións ao Barroco popular do que falamos antes, trátase do conxunto que forman a Igrexa de San Tomé de Recaré, o seu adrio e mailo Peto de Ánimas. Está todo construido baixo o estilo neoclásico, sobre un monte destacado da parroquia, a forma de mirador. A igrexa data do ano 1852, pero tratase dunha construcción realizada sobre os restos dunha antiga capela adicada ao mesmo santo. O seu adrio está descuberto - igual que na igrexa de Santa Eulalia de Budián - e a fachada precedida por unha escalinata de clara inspiración clásica – a fachada tamén -, ao igual que a torre do campanario, que posúe un dobre corpo e balaustrada. A entrada secundaria encóntrase enmarcada nunha moldura e rematada cunha Santa Cruz. |
Santa Filomena do Cadramón
 |
Con toda seguridade a máis importante de tódalas igrexas do Valadouro – para min persoalmente a máis digna excepción ao barroco - sexa a da Santa Filomena do Cadramón. E digo isto por ser os restos patrimoniais máis antigos do Val (exceptuando aos restos arqueolóxicos). |
Data aproximadamente dos séculos IX ou X – fora doada polo Obispado Bretón ao Rei Orduño – e conservandose tan só o que foi o prebiterio-ábside, quedando oculta baixo o terreo a estructura perimetral do que foi o cruceiro, as supostas tres naves e o nartex e maila fachada. Nestes restos destacan as ménsulas exteriores, cunha labra claramente románica e cunha importancia extraordinaria, xa que se representan a relación eclesial coa sexualidade – muller mostrando a zona xenital, home con aparato xenital sobredimensionado... a reproducción, moi necesaria neses intres, polo fallo poboacional e a curta esperanza de vida -. Tamén son destacables as pinturas interiores – ao fresco -, onde se representa o nacemento de Cristo, a adoración do Neno polos Magos de Oriente. Seguramente sexan do século XVI – renacentes -. |
| As capelas do Carme da Casela (S. XVIII) e a do barrio de Zaragoza (1753), ámbalas dúas de estilo Barroco e sitas na parroquia de Santa Cruz, tamén son destacables: a primeira mostra un belo escudo sobre a súa portada e foi posuidora de pinturas murais xa desaparecidas, mentres que a segunda dise que foi propiedade de Pero Maseda de Aguiar no século XIX, ademáis de ter un retablo tardobarroco de moi boa factura cunha imaxe da Virxe do Pilar. |
 |
| Retablo da Capela de Zaragoza (Santa Cruz) |
|
Igrexa de Ferreira
Para rematar queda falar da igrexa parroquial de Ferreira, o núcleo poboacional máis grande, nomeada vila no ano 1894 pola rexente María Cristina de Borbón.
Está adicada a igrexa, ao igual que o estivo a capela que houbo na praza e a propia praza, a Santa María. É dun estilo neogótico dos anos 20 do século pasado, cunha clara influencia política – foi mandada construir polo rexente da “dictablanda” Primo de Rivera – que ao fin tan só quedou reflexado nas súas planimetrías.
O proxecto inicial era de tipo colosal, con cinco naves en vez das tres que ten, e coas súas medidas engrandecidas en tódalas direccións con respecto ao que foi a construcción final. A pesares disto non deixa de ser un claro expoñente da arquitectura guvernamental deses intres, onde a relixión seguía a ser unha cuestion do Estado. |
|
|