 |
|
 |
|
| ARQUITECTURA POPULAR |
| Desgraciadamente a arquitectura popular do Valadouro veuse mermada na súa maior parte polo abandono de moitas das actividades económicas que tiñan lugar. Deste xeito a maior parte dos muiños están abandoados ou simplemente xa desaparecidos. Destacan o do Pazo – Frexulfe -, o de Cendemil (S.XIX) – Santa Cruz - e os dous de Alaxe e o de Tanín, que quedan como belas ruinas ruskinianas – Ruskin era escritor e filósofo na Inglaterra Romántica do século XIX. Defendía nos seus escritos á obra de arte como un organismo vivo, con vida propia. Deste xeito a obra de arte tería un nacemento, unha evolución vital e finalmente unha morte. Esta morte sería o estado de ruina, apreciada polo filósofo pola súa beleza -. O mesmo ocurreu cos cabozos e as pontes, das que tan só se conserva unha do século XIX – a do Pazo en Frexulfe -, non quedando ningún outro dese momento histórico. |
| A fonte de María Arteira é a máis destacada. É do século XVIII e ten un moi bon traballo de talla na pedra para canalizar a auga. Encóntrase no lugar do mesmo nome na parroquia de Frexulfe. |
| Destacar o panteón dos Abelairas sito no cemiterio de San Xulian de Recaré que data do S.XIX, así como a lápida sepulcral do cemiterio de San Tomé de Recaré, decorada con lambrequíns e rematado cun casco de fidalguía. |
| Quedarían moitos restos por nomear, como por exemplo as cruces de malta que se poden ver un moitas jambas e dinteles, a maioría do tardogótico e renacemento, así como do barroco, as portas en espadilla, as portas de medio punto... |
|
|
| |
|
|