Crese que a orixe deste fermoso val está nun antigo lago prehistórico que se foi disecando paulatinamente, dando lugar a esta zona caracterizada por unha terra fértil, bañada polas augas do río Ouro. Tamén os romanos poboaron este val, que recibiu o nome de Vallis Auris, do que deriva a súa denominación actual.