
A escola infantil do Concello de O Valadouro configurase como un establecemento diúrno e de titularidade municipal, encadrado nos Servizos Sociais especializados do Concello, e que ten como finalidade prestar unha atención de apoio ós pais e nais, titores/as ou gardadores/as dos nenos/as entre 3 meses e 3 anos.
A escola infantil de O Valadouro conta con vinte prazas, reservando o 10% de prazas ( 2 ) sen cubrir para atender necesidades puntuais.
A escola infantil cumpre unha dobre función asistencial e educativa, proporcionando aos seus usuarios e usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica dirixida ao desenvolvemento integral e harmónico dos/as nenos/as.
A escola infantil conta cos seguintes espazos:

O carácter educativo da escola infantil fai que este conte cunha programación de actividades extensa, basada en realización de fichas educativas adaptadas ás idades dos/as nenos/as, e actividades puntuais ( entroido, dia da paz, dia da tolerancia, dia do medio ambiente, etc ), esta programación e actividades básase en tres áreas de coñecemento:
A reserva de praza para a escola infantil realizanse, normalmente, durante o mes de Maio nos Servizos Sociais Municipais. Esta data é orientativa, xa que pode sufrir modificacións.
O prazo de preinscripción anunciase mediante bandos municipais coa data e prazo para realiza-lo, ó igual que coa documentación necesaria para reservar a praza.