Home
Guía Comunicación
Galego · Español · English
Inicio > Servizos Sociais > Escola Infantil
Oficina de Emprego
Traballo Social
Atención á Infancia
Escola Infantil
Rede de Escolas Infantis de Galicia. A Galiña Azul.
R/ Diputación , nº7 Código Postal 27770 Ferreira.
TELÉFONO: 982 57 43 90 - FAX: 982 57 43 90
E-mail: info@valadouro.org
Aberto dende Setembro ata Xullo, sendo Agosto o mes vacacional.
Horario: de Luns a Venres de 8:00 a 20:00 horas
  • Rosa María Fernández Eijo.
    Licenciada en Psicopedagoxía que exerce como directora do centro.

  • Josefa Rivas Mariño
    Persoal de Servizos Xerais

  • Cristina Méndez Moreira
    Técnico Superior de Educación Infantil.

  • Patricia Rodriguez González.
    Mestre

Antención á Infancia

A escola infantil do Concello de O Valadouro configurase como un establecemento diúrno e de titularidade municipal, encadrado nos Servizos Sociais especializados do Concello, e que ten como finalidade prestar unha atención de apoio ós pais e nais, titores/as ou gardadores/as dos nenos/as entre 3 meses e 3 anos.

A escola infantil de O Valadouro conta con vinte prazas, reservando o 10% de prazas ( 2 ) sen cubrir para atender necesidades puntuais.

A escola infantil cumpre unha dobre función asistencial e educativa, proporcionando aos seus usuarios e usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica dirixida ao desenvolvemento integral e harmónico dos/as nenos/as.

A escola infantil conta cos seguintes espazos:

  • Zona de preparación de alimentos.
  • Zona de gatexo.
  • Zona de descanso.
  • Zona de hixiene.
  • Aseos ( 2 ).
  • Zona de xogos ao aire libre delimitada e valada en todo o seu perímetro.
  • Despacho.

Atención á Infancia

O carácter educativo da escola infantil fai que este conte cunha programación de actividades extensa, basada en realización de fichas educativas adaptadas ás idades dos/as nenos/as, e actividades puntuais ( entroido, dia da paz, dia da tolerancia, dia do medio ambiente, etc ), esta programación e actividades básase en tres áreas de coñecemento:

  • Identidade e autonomía persoal.
  • Medio físico e social.
  • Comunicación e representación.

A reserva de praza para a escola infantil realizanse, normalmente, durante o mes de Maio nos Servizos Sociais Municipais. Esta data é orientativa, xa que pode sufrir modificacións.

O prazo de preinscripción anunciase mediante bandos municipais coa data e prazo para realiza-lo, ó igual que coa documentación necesaria para reservar a praza.