Home
Guía Comunicación
Galego · Español · English
Inicio > Historia > Arquitectura Popular e Mobiliario
Persoeiros
Hijos del Valle de Oro
Restos Arqueolóxicos
Arquitectura Relixiosa
Arquitectura Civil
Arquitectura Popular e Mobiliario
Cruces, Escudos e Outro Patrimonio Mobiliario

Falaremos neste apartado de todo o relacionado co patrimonio moble que sexa destacable. Caracterízase este tipo de patrimonio por non ter un uso material como o inmobiliario. Que significa isto? Pois que os seus usos están motivados por outra clase de necesidades, como as votivas – caso das cruces e cruceiros, lápidas...- e as de ostentación social – caso dos escudos -. Deberíanse incluir aquí tamén as imaxes votivas das igrexas, pero preferín destacar as máis importantes dentro do seu conxunto, como complemento á arquitectura da que xa forman parte.

Cruceiro en VilacampaCruceiro en Vilacampa

En canto ás cruces destácanse tres temporalizacións: as máis modernas – de finais do S.XIX, tipo Carboeiro todas elas -, a tardogótica Cruz da Indiana (S.XV – San Tomé de Recaré) – de estilo moi arcaizante e coas figuras moi pouco exentas: representación de Cristo Grego (con rasgos de neno) no seu frontal e a Virxe María Triunfante na traseira -, e a estela antropomorfa – o que sería un resto Pre-romano, xa comentado por Castelao no seu libro “As cruces de pedra na Galiza”, - máis coñecida como Cruz do Pau Da Vella (S.VII a.C.) pola súa forma de cruz encontrase chantado no punto limítrofe dos concellos de O Valadouro, Cervo, Xove e Viveiro. Fala a Historía que no medioevo os párrocos das parroquias lindantes se reunían ante ela unha vez ao ano para celebrar rituais relixiosos.

A maioría das cruces son as referidas á primeira temporalización, as de fináis do S.XIX., as de tipo carboeiro. Todas elas teñen moitos puntos en común, a saber: o pau e os brazos da cruz soe estar achaflanado, do mesmo xeito que están rematados por uns floróns de inspiración renacente; as iconograficas repiten o mesmo esquema – no frontal Cristo cravado con tres cravos cun pequeño orante aos pes (relacionado con San Pedro), e na traseira unha representación da Virxe María. A labra é de caractrer popular en case todas elas, aínda así as figuras son bastante exentas na maioría, polo que nos encontramos con exemplares extraordinarios: o Cristo do Chao (Vilacampa), quizais sexa a máis completa de todas. A cruz reposa sobre un capitel de inspiración renacente decorado con volutas e cabezas aladas de anxos, así como un pousadoiro no fuste decorado con formas vexetais; á Cruz da Pardiña e ás dúas das Rozadas – sitas na parroquia do Cadramón – tamén lles habería que aplicar o distintivo de exemplares extraordinarios. Repiten o esquema proposto, pero pasan a ter o pau e os brazos octogonais, e manteñen restos de policromía; a Cruz de Cendemil repite o esquema das anteriores pero añade neste caso o Santo Caliz. Destaca especialmente sobre as demáis, xa que a súa datación (1868 – por documentación relativa a propiedades) foi clave para saber a epoca histórica á que pertenceron tanto ela coma as demáis de tipo carboeiro; as menos destacadas desta temporalización tan só manteñen o florón renacente nos brazos e na cabeza do pau. Estaríamos falando da Cruz de Mansián, o Cristo das Penas – as dúas sitas na parroquia de A Laxe – e a Cruz de Esteleiro – Cadramón – que curiosamente posúe un oco relicario.

Cabe destacar o coñecido como Cristo do Carregal (SXVII), sito na parroquia de Vilacampa, ao lado do camiño Real de Viveiro. É de labra tosca e de bulto extremadamente redondo, tendo ademáis un nome por inscrición: JUANCAO. Quen foi ese home? Posiblemente o patrocinador ou unha adicación ou recordatorio de alguén. Do mesmo século de da mesma parroquia e a Cruz da Fontecuberta, que non ten iconografía ningunha.

O único Peto de Ánimas do Val encóntrase no adrio da igrexa de San Tomé. Ao igual que ela é de estilo Neoclásico, cunha basa moldurada e colunas dóricas adosadas, rematado cun frontón clásico triángular. Represéntase o Santísimo Cristo de Providencia, acompañado pola Dolorosa e San Pedro. É do ano 1863.

Escudo de ArmasOs Escudos de Armas no Val son todos dos séculos XVII ou XVIII. Destácan especialmente: o escudo de Cabanas – na parroquia de Santa Cruz - de tipo cuarteado cunha torre, un peixe, unha cruz e unha figura animal como iconografía, decorado con lambrequíns e coroado por un casco de fidalguía. Na punta baixa represéntase unha cabeza de anxo; o escudo de armas do Pazo de Gradaille, pertencente ás familias dos Bolaños e Saavedra. E de dobre blasón e están encaixados entre coluniñas adosadas cos fuste acanalado; distinto é o caso do escudo eclesiástico da igrexa parroquial de San Xulian de Recaré (S.XVII), de tipo partido – iconografía: chaves e espada-con inscripcións e decorado cun encadeado.
Arquitectura Popular

Desgraciadamente a arquitectura popular do Valadouro veuse mermada na súa maior parte polo abandono de moitas das actividades económicas que tiñan lugar. Deste xeito a maior parte dos muiños están abandoados ou simplemente xa desaparecidos. Destacan o do Pazo – Frexulfe -, o de Cendemil (S.XIX) – Santa Cruz - e os dous de Alaxe e o de Tanín, que quedan como belas ruinas ruskinianas – Ruskin era escritor e filósofo na Inglaterra Romántica do século XIX. Defendía nos seus escritos á obra de arte como un organismo vivo, con vida propia. Deste xeito a obra de arte tería un nacemento, unha evolución vital e finalmente unha morte. Esta morte sería o estado de ruina, apreciada polo filósofo pola súa beleza -. O mesmo ocurreu cos cabozos e as pontes, das que tan só se conserva unha do século XIX – a do Pazo en Frexulfe -, non quedando ningún outro dese momento histórico.

A fonte de María Arteira é a máis destacada. É do século XVIII e ten un moi bon traballo de talla na pedra para canalizar a auga. Encóntrase no lugar do mesmo nome na parroquia de Frexulfe.

Destacar o panteón dos Abelairas sito no cemiterio de San Xulian de Recaré que data do S.XIX, así como a lápida sepulcral do cemiterio de San Tomé de Recaré, decorada con lambrequíns e rematado cun casco de fidalguía.

Quedarían moitos restos por nomear, como por exemplo as cruces de malta que se poden ver un moitas jambas e dinteles, a maioría do tardogótico e renacemento, así como do barroco, as portas en espadilla, as portas de medio punto...