Home
Guía Comunicación
Galego · Español · English
Inicio > Historia > Arquitectura Civil
Persoeiros
Hijos del Valle de Oro
Restos Arqueolóxicos
Arquitectura Relixiosa
Arquitectura Civil
Arquitectura Popular e Mobiliario
Arquitectura Civil

Casa Rectoral en FrexulfeCasa Rectoral en Frexulfe

A arquitectura civil do Valadouro encadraríase fundamentalmente entre os séculos XVII e XIX, e soen mostrar un traballo de tipo popular. Outra das constantes deste patrimonio – ao igual que ocorre coa arqiutectura relixiosa – é o aproveitamento de restos de edificación anteriores, así encontrarémonos con restos cun estilo moi renacente nuns casos, e tardogóticos noutros (floróns, cruces de Malta, representacións da Cruz do Gólgota, portas en espadilla ou con arco de medio punto...). Éstas soen estar nos dinteis e jambas dos vanos das edificacións.

Dedúcese unha gran importancia dos nucleos rurais, os cales os poderíamos definir como un conxunto edificado de vivendas con arquitecturas de uso común. O cabozo, as palleiras, os establos, os muiños e o forno, así como tamén o pozo nalgúns casos eran as estancias ou dependencias de uso común máis habituais.

A maioría dataríanse no séculos XVIII e XIX, pero polo seu uso continuado obsérvanse diversas alteracións xa do século XX, aínda que hoxe están abandoadas na súa maioría. É curiosa a situación de varias delas, ao pé do Camiño Real a Vivieiro, polo que pode deducir unha gran importancia deste vial.

Destacaríanse neste capítulo: o Nucleo de Rubas e o do Burgueiro, ámbolos dous sitos na parroquia de Vilacampa. O primeiro con cerramento de pedras chantadas e restos medievais nalgunhas jambas e dinteis, asi como unha moi pensada distribución pre-urbana; o segundo con varios restos de orixe tardogótico – flores de lis e floróns renacentes – e un curioso pozo de planta circular e cuberta cupulada. Outros núcleos que tiveron certa importancia foron o da Rexedoira – Tanín, parroquia de A Laxe -, Suaigrexa e Caamonde – parroquia de Santa Cruz –...

Ao pé do xa comentado Camiño Real sitúanse tamén Casas Grandes - habitualmente eran de forma cadrada ou rectangular cubertas a dúas augas, noutros casos usouse unha configuración planimétrica en L -, sendo un claro expoñente a das Rozas (ten inscripcións caligráficas tardogóticas) e outra que posúe unha estrutura de tipo medieval e mostra bufardas e un arco conopial na boca do forno.

Débense destacar tamén outras Casas Grandes sitas en diferentes parroquias: en San Xiao de Recaré ten importancia a Casa do Casal, tamén coñecida como a Casa dos Abelaira ou das Cerdeiras. Posúe pozo propio e incluso eran posuidores dun panteón familiar. Ten unha lápida fundacional na que se observa claramente a fecha do fin da construcción barroca, o ano 1719; a coñecida como a Casa de Remedios Pardo, sita no Souto do Chao de Budián, é posiblemente de orixe tardomedieval ou renacente. Dúas portas con arco de medio punto – seguramente feitas con pezas reaproveitadas – levan a pensar iso, a moldura que remata a fachada cando contacta co tellado leva ao mesmo pensamento. Posúe ademáis un escudo e na finca conta cun cabozo e un lagar do viño; a parroquia de A Laxe conta pola súa parte coa Casa das Carballesas – no lugar das Penas -, datado a través do seu dintel (1737). Tamén dispón dunha bufarda na fachada principal, encóntrase ademáis adosado a outra casa grande que data posiblemente do século XVI.

As Casas Torre vámolas a encontrar na parroquia de Recaré. A máis destacada é a Torre de Parga, que adquiriu importancia porque foi propiedade do Mariscal Pero Pardo de Cela. A súa orixe e a mesma que a época histórica do Mariscal, momentos das Revoltas Irmandiñas, o século XV. Destaca a porta de entrada de medio punto – ao igual que a coñecida como Casa do Pazo, da que tamén habería que mencionar a súa estilística Isabelina.

Pazo de Gradaille

Pazo de Gradaille

O único pazo que se conserva no Val e o Pazo de Gradaille, sito no lugar do mesmo nome da parroquia de Santa Cruz. É de estilo barroco – S.XVII-XVIII -, conformando a súa estrutura tipolóxica a éste, tendo en posesión unha capela e zonas de establo. Foi propiedade das familias Bolaño e Saavedra – mostrase orgulloso o escudo de armas de dobre blasón da fachada principal. Actualmente é propiedade da familia do fundador do periódico “El Progreso de Lugo”, Puro Cora. (non visitable)