Era tradición que en Ferreira do Valadouro se celebrara cada 2 de febreiro e 25 de marzo un mercado anual, ademais dos mercados do sábado que se viven na capital deste concello cada semana.
Esta costume foi perdida co tempo pero primeiro a A.C.D. Valadouro e agora co Concello se recuperou con enerxía e actividades complementarias o Mercado Tradicional Anual de Primavera.
Ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais, a hosteleria da vila ofrece nese fin de semana unha xornada gastronómica dedicada a tapeo máis variopinto. Conferencias e coloquios sobre a produción agraria do val, mostra de artesanía, música de gaitas, son algúns dos moitos actos que se poden ver neste Mercado Tradicional.
Como despedida o pobo e visitantes se dan cita na praza nunha animada verbena como se viña facendo naqueles tempos agora revividos.
