1º fin de semana de maio
Concentración organizada polo Motoclube do Val d´Ouro que agrupa aficionados do Concello do Valadouro e Alfoz.
Esta festa das motos integra a aficionados de Galicia e outros puntos de España.

Rotas polas fermosas paisaxes da comarca, premios, gastronomía,exhibicións acrobáticas e música, entre outras actividades, converten estas animadas datas nunha visita obrigada.