
As terras de Valadouro encontranse asentadas nun dos vales septentrionais da provincia de Lugo, concretamente dentro da comarca da Mariña.
A súa poboación segundo datos recabados en xuño de 2006 elévase a 2241 habitantes repartidos nunha superficie de 110 km2.
O seu conxunto está configurado pola existencia de dous sistemas montañosos: a
Serra do Xistral e a
Serra do Buio que protexen o val dos ventos dominantes na zona. Na primeira atópase o coto Cadramón que con 1056 mt. marca a máxima altitude da comarca.
En canto a hidrografía hai que dicir que en Valadouro converxen os ríos procedentes destas montañas destacando o río Ouro que da nome ó val e desemboca no Mar Cantábrico na localidade de Fazouro.
Climatolóxicamente falando destaca a suavidade das temperaturas ó longo de todo o ano cunha media anual ó redor dos 13 grados, atemperadas pola influencia do Mar Cantábrico que se deixa sentir a pesar de non contar coa costa in situ. As precipitaciós podemolas encadrar dentro dun clima oceánico ben chamado de transición, situandoas ó redor dos 1000mm anuais.