Casa da Cultura. Concello de O Valadouro.
R/Avda da Diputación 6 - Código Postal 27770 - Ferreira
TELÉFONO:
982 57 15 16 - S.M.S:
655 45 82 95 - FAX:
982 57 43 03
Horario: luns a venres de 16 a 20:15 h e os sábados de 10 a 14 h
Os telecentros forman parte do programa
Internet Rural, un programa que ten como obxecto o fomento das tecnoloxias da información e comunicación no medio rural.
Un telecentro é un local de acceso público, habilitado polo Concello, onde se pon a disposición de todos os cidadáns un contorno de
acceso gratuíto á Internet en condicións de calidade. Para isto instálase un acceso á Internet de banda ancha, unha rede local sen fios e varios ordenadores e periféricos de uso público.
Os cidadáns poden acceder libremente a este espazo para navegar pola Internet ou facer uso dos ordenadores e periféricos, e ata navegar como convidados desde os seus propios ordenadores portátiles.
Ademais dos terminais de navegación cun software básico de ofimática e gravación, o telecentro está dotado de impresora láser, escáner e webcams.