Home
Guía Comunicación
Galego · Español · English
Inicio > Casa da Cultura > Biblioteca
OMIX
Radio Valadouro
Biblioteca
Telecentro
Bibliioteca Municipal
Casa da Cultura. Concello de O Valadouro.
R/ Diputación 6 - Código Postal 27770 - Ferreira
TELÉFONO: 982 57 15 16. - FAX: 982 57 43 03
E-mail: cultura@valadouro.org
Horario: de luns a venres de 16 a 20:15 horas e os sábados de 10 a 14 horas.
Técnico: Juan Novás
accede á Biblioteca Virtual
A Biblioteca Pública Municipal conta cun local de traballo e consulta que está todo acristalado e convenientemente iluminado para que cando falle a iluminación diurna se cree un ambiente que convide ó uso das instalacións.

O local de consulta conta con 12 cómodas plazas na que se poden consultar os exemplares de consulta da Biblioteca, os de préstamo ou calquera outro material de traballo ou de lectura que os usuarios podan traer.

No local de consulta están a maioría dos exemplares de consulta (enciclopedias, diccionarios, revistas, ... ) e tamén conta con algún exemplar de novelas que si se podem levar en préstamo para os seus fogares.

A maiores o local de consulta conta cun anexo onde se atopa a oficina da Biblioteca e na que se atopan os datos dos libros e dos usuários. Neste local anexo tamén se atopa o servicio de reprografia e na que os usuarios poderán facer uso del ó precio estipulado polo concello.

A Biblioteca conta con outra sala onde se atopan os libros que os socios poden levar en condición de préstamo.
INFORMACIÓN XERAL
Na actualidade, a Biblioteca Pública Municipal de O Valadouro conta con algo mais de 350 socios e sobrepasando con creces os 5.500 exemplares rexistrados. Os sócios poden levar para a casa ata dous de aqueles exemplares que están en préstamo por un período de 15 días e que se poden renovar por un período de outros 15 días. Pasado este período e se ainda non deu tempo a ler o exemplar deberán quedar en depósito na Biblioteca por 15 días e que se ninguén sacou o exemplar nese período de descanso poderá volver a facer o ciclo.

Facerse socio da Biblioteca é gratuito. Débense de facilitar os datos persoais, enderezo, telefono de contacto,... ó bibliotecario e máis dúas fotos e xa no momento se podem levar á casa ata dous exemplares da Biblioteca.

CULTURA E LECER
Paralelamente a Biblioteca Pública Municipal do Concello do Valadouro colabora e organiza unha serie de actividades de cultura e lecer que pretenden complementar a oferta das distintas institucións, centros académicos e asociacións.

Programación do ano 2006:
  • Certame de Poesía de Nadal.
  • Certame das Letras Galegas en redación e en debuxo.
  • Charla-coloquio do carnet por puntos co Xefe Provincial de Tráfico: Dn Julio Fernández.
  • Enquisa: “A Biblioteca ao teu gusto”.
  • “I Certame de Novela Curta Concello de O Valadouro”.