Supón para min un motivo de orgullo e satisfacción, poder dar a benvida a todos aqueles que se acercan a visitar a nosa web municipal a través da cal queremos mostrar o mellor de nós mesmos e da nosa realidade como pobo, xa que o concello de O Valadouro, conxuga e sintetiza aspectos tan variados como as nosas fermosas paisaxes, cun dos ecosistemas máis intactos de Galicia, a Serra do Xistral, historia, tradición, un patrimonio arqueolóxico coas súas igrexas, capelas e cruceiros, cultura, festas populares de interese turístico, coa espectacular rapa das bestas, folclore, gastronomía…
En definitiva, calidade de vida para os nosos veciños e todo un abano de posibilidades para ofrecer e compartir con todos aqueles que se decidan a visitar a nosa vila, unha vila que imprime amabilidade e hospitalidade no carácter das nosas xentes e que fai que o que nos visita leve un recordo inolvidable do noso Concello.
Grazas pola súa visita e un cordial saúdo.
D. José Manuel Lamela Piñeiro