Concello do Valadouro
Festas
A castaña
O Concello
Saúdo do alcalde
Corporación municipal
Emprego
Traballo Social
Atención á Infancia
Casa da Cultura
Guía municipal
 
Documentación Municipal
Axenda
Contacto
 
Patrimonio
Historia
O Entorno
Descubre O Valadouro
es
ga
SEMANA SANTA
Semana Santa no Valadouro
No Valadouro ten lugar unha das celebracións máis artísticas e personais da Semana Santa mariñá. O Arciprestado do Valadouro organiza dende hai varios anos un Via Crucis Vivinte polas cruces de subida de Santo Tomé ademais da escenificación, na igrexa parroquial de Santa Cruz, das escenas bíblicas de Oración de Xesús no Horto, as negacións de Pedro, a Paixón, Crucifixión e Resurrección do Señor. Veciños do Valadouro toman parte nesta recente tradición, dando vida a fermosos cadros plásticos nos que se representa o dramatismo e paixón propios destas datas.
PROGRAMA COMPLETO
Domingo de Ramos
Representación da paixón, morte e resurrección de Xesús Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, representada dende a subida a igrexa ata o adrio donde se procede a bendición de ramos. No interior da igrexa comezase coa representación da última cea de Xesús cos apóstoles, oración de Xesús en Getsemani, prendemento, posta diante de pilato e condea a morte de Xesús.
Representación asemesmo de Xesús na cruz, morte e a soedade de María.
Mércores Santo
Representación do vía crucis vivinte coas catorce estacións que hai nas cruces da subida a igrexa de Santo Tomé.
1ª estación: Xesús condeado a morte
2ª estación: Xesús carga coa cruz
3ªestación: Xesús cae por primeira vez
4ª estación:Encontro de Xesús coa sua nai a Virxe
5ª estación: O Cirineo axuda a levala cruz a Xesús.
6ª estación: A Verónica limpa o rostro de Xesús.
7ª estación: Xesús cae por segunda vez.
8ª estación: Xesús e consolado polas mulleres de Xerusalen.
9ª estación: Xesús cae por terceira vez.
10º estación: Xesús e despoxado das suas vestiduras.
11ª estación: Xesús e clavado na cruz.
12ª estación :Xesús morre na cruz.
13ª estación: Xesús en brazos de sua nai.
14ª estación: Xesús posto no sepulcro.