|
O mel é un dos máis representativos productos agrícolas do Valadouro, o segundo sábado de outubro celébrase a única Feira do Mel de toda a Mariña de Lugo, á que acuden numerosos apicultores da comarca . O mel do noso Concello destaca pola súa alta calidade o que fai que as vendas na Feira sexan elevadas.
Coñecer o mundo das abellas
As abellas forman unha das sociedades mais perfectas e organizadas que creou a natureza, na que cada membro ten un papel asignado; ninguén se rebela, e ninguén envexa a labor do outro. En cada colmea pode haber dende 30 a 50.000 abellas que se dispoñen nunha xerárquia, na cúspide está a raíña, logo as obreiras, e os zánganos.
A raíña é a única femia perfecta, é a encargada da reproducción e de manter unida á colmea. Só voa fora da colmea en dúas ocasións: para fecundarse e para formar unha nova colonia cando aparece un enxame. Aliméntase de xalea real e é a abella mais lonxeva, pode vivir ata cinco anos.
As obreiras son abellas femias incompletas, non poden poñer ovos. Son a maioría do enxame. Teñen distintas funcións dependendo da súa idade.:
Ao pouco de nacer son limpiadoras, no cuarto dia teñen que alimentar as larvas, no décimo dia comenzan a producir xalea real para a reina
Mais tarde é ata o vixésimo dias adicanse a producir cera, ventilar o exceso de humidade e calor, fabrican ó mel e defenden a colmea dos inimigos. Despois das tres semanas e ata a súa morte funcionan como encargadas de recolectar néctar, propóle e polen, voan de un a tres km. ó redor da colmea .
A vida dunha obreira é de corenta a cincoenta dias se nacen no verán; as que nacen no inverno poden vivir ata seis meses.
Para defenderse contan con un aguillón dentado , por eso cando pican, despréndeselles o aguillón e morren.
Os zánganos son as abellas macho, nacen de ovos non fecundados, só son fillos da reina, non teñen pai.Aínda que teñen fama de vagos, cumpren a sua funcion : fecundar a raíña, e sempre en pleno voo, os denominados “voos nupciais”. Ademais dan calor a cria e axudan a fabricar ó mel.
Elaboración do mel. É un producto totalmente natural que fan as abellas soas. Collen o néctar das plantas e transpórtano ata a colmea nunha parte do seu aparato dixestivo, chamado buche do mel, baleírano nas celas dos panais que hai dentro da colmea, agréganlle enzimas e evapóranlle parte da humidade. Realizan varios trasvases co mel ata que esta completamente maduro e proceden a súa conservación mediante un selado hermético cunha fina capa de cera.
Cualidades. O mel é un producto moi nutritivo con importantes características terapéuticas. É un excelente sustituto do azucre en reposteria e infusións.
Polo seu poder antiséptico e cicatrizante emprégase tópicamente en queimaduras, feridas e úlceras na pel. Tomado con regularidade actúa como un laxante suave.
|