 |
|
 |
|
|
| XEOGRAFÍA DO VALADOURO |
| As terras de Valadouro encontranse asentadas nun dos vales septentrionais da provincia de Lugo, concretamente dentro da comarca da Mariña. |
 |
|
| A súa poboación segundo datos recabados en xuño de 2006 elévase a 2241 habitantes repartidos nunha superficie de 110 km2. |
| O seu conxunto está configurado pola existencia de dous sistemas montañosos: a Serra do Xistral e a Serra do Buio que protexen o val dos ventos dominantes na zona. Na primeira atópase o coto Cadramón que con 1056 mt. marca a máxima altitude da comarca. |
| En canto a hidrografía hai que dicir que en Valadouro converxen os ríos procedentes destas montañas destacando o río Ouro que da nome ó val e desemboca no Mar Cantábrico na localidade de Fazouro. |
| Climatolóxicamente falando destaca a suavidade das temperaturas ó longo de todo o ano cunha media anual ó redor dos 13 grados, atemperadas pola influencia do Mar Cantábrico que se deixa sentir a pesar de non contar coa costa in situ. As precipitaciós podemolas encadrar dentro dun clima oceánico ben chamado de transición, situandoas ó redor dos 1000mm anuais. |
| * Para visulizar o mapa xeográfico 3D é preciso descarregar e instalar Google Earth. |
|
|
| |
|
|