Concello do Valadouro
O Entorno
O Concello
Saúdo do alcalde
Corporación municipal
Emprego
Traballo Social
Atención á Infancia
Casa da Cultura
Guía municipal
 
Documentación Municipal
Axenda
Contacto
 
Patrimonio
Festas e outros eventos
Historia
Descubre O Valadouro
es
ga
PARROQUIAS

Budián (Santa Eulalia)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Delimitado ao norte e o oeste pola parroquia de A Laxe, ao norte e o leste pola parroquia de Moucide e ao sur polas parroquias de Bacoi (Alfoz) e Santo Acisclo do Valadouro (Foz). En 2008 conta con 265 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: A Amarela, A Arnela, Budián de Redeiro, O Calvario, Casal de Diego, Os Casás, Centeás, Corveira, Escourido, Freitemunde, A Granda, Lobeira, O Machuco, Pena Redonda, Pereiros, O Porto da Vaca, Pradia, O Reguengo, O Retorno, O Requeixo, San Cristovo, A Sara, A Telleira, Trasisto, O Vedreiro e Vilacemil.

Cadramón, O (San Xurxo)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Delimitada ao norte por Frexulfe, ao oeste polo Concello de Muras, ao leste pola parroquia do Pereiro (Alfoz) e ao sur polo Concello de Abadín. En 2008 conta con 186 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: A Abelleira, O Albardo, Andamil, a Balsa, Bustomeao, O Campo, As Cancelas, Cortegaza, Corvelle, Chocha, O Esteleiro, Ferrocente, As Folgueiras, A Fonte da Vila, A Liñarega, O Loureiro, A Muxueira, Pereira, O Porto do Río, Rego Cavada, As Rozadás, O Tituelo e As Veigas.

Ferreira (Santa María)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro e delimitada ao norte e o oeste por A Laxe e Santa Cruz do Valadouro e ao sur e Este por San Pedro de Mor e Bacoi (Alfoz), respectivamente. En 2008 conta con 728 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: Cabezán, A Castellana, Ferreira (capital municipal), A Pena, Os Pinos, [O] Rebuxento e O Reirado.

Frexulfe (Santa Eulalia)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Limita ao norte con San Tomé de Recaré, ao sur co Cadramón, ao leste con Lagoa (Alfoz) e ao oeste con Miñotos (Ourol). En 2008 conta con 118 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de de poboación: A Abelleira, Anido, Baer, A Cazcalleira, Cerdeiras, O Chaíño, Couso, Coutomil, O Escallal, Freixido, Os Galegos, O Lagar, O Leirado, Painzás, O Pazo, Piñeiro, O Solloso, Suaigrexa, Teixeda, Vilaestremil e Vilares.

Laxe, A (San Xoán)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Limita ao norte cos Concellos de Cervo e Xove, ao leste con Vilacampa, ao oeste con Budián e ao sur con Santa Cruz do Valadouro e Ferreira. Conta en 2008 con 268 habitantes, distribuídos nas seguintes entidades de poboación: Augarrío, As Cabras Figas, A Casela, A Granda, Mansián, O Pazo, A Pedreira, As Penas da Laxe, A Portela, A Rexedoira, A Ribadela, Tanín, Tras dos Ríos e Zaragoza.

Moucide (Santo Estevo)
Freguesía anexa á de Bacoi (Alfoz), arciprestado do Valadouro. Limita ao norte con Rúa (Cervo) e Cordido (Foz), ao sur con Budián e Santo Acisclo do Valadouro (Foz), ao leste con Cordido (Foz) e Santo Acisclo do Valadouro (Foz) e ao oeste con Rúa (Cervo), A Laxe e Budián. En 2008 conta con 223 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: Barbeita, A Barreira, O Campón, A Casanova, A Granda, Güín, A Igrexa, Lourido, Muxilán, O Outeiro, O Pé de Arosa, A Pena, A Ponte, A Rubial, A Teixoeira e Vilares.

Recaré (San Xiao)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Limita ao norte con Santa Cruz do Valadouro e Ferreira, ao sur con Frexulfe, ao leste con Lagoa (Alfoz) e ao oeste con San Tomé de Recaré. En 2008 conta con 73 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: A Alvariña, O Alvaroxil, As Carballas, Casal, O Catadoiro, O Escorial, A Fonte da Vila, Fornos, Mercurín, O Pazo, Sa, A Torre, O Torrullón e Trasmil, cunha densidade media de 72,5 hab./km2 para o mesmo ano. Dados os topónimos desta parroquia, suponse que nalgunhas das casas-pazo estivo a fortaleza de Vilanova dos Cabaleiros, así chamada porque no Valadouro tiveron o seu soar os Osorio. A igrexa parroquial é do s. XVIII e ubícase na croa dun castro.

San Tomé de Recaré (San Tomé)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Limita ao norte con Santa Cruz do Valadouro, ao sur con Frexulfe, ao leste con Vilacampa e ao oeste con Recaré. En 2008 conta con 56 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: Alvite, Casal do Rico, As Casas de Baixo, As Casas de Riba, Esqueira, A Estibada, A Fonte de Alvite, As Laranxeiras, A Muxueira, O Navallo, Os Novás, [As] Pardellas, [A] Pedralba, Pedrouzos, Puñín, A Verdeal e Xurucido.

Santa Cruz do Valadouro (Santa Cruz)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Limita ao norte con A Laxe e Vilacampa, ao sur con Recaré e San Tomé de Recaré, ao leste co Cadramón, Lagoa (Alfoz) e San Pedro de Mor (Alfoz) e ao oeste con Vilacampa. En 2008 conta con 260 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de pòboación: Albares, [A] Bandexa, Bardoleiras, Bermún, Cabanas, A Cabanela [Cabanela], Camonde, As Carballas, A Carreira, A Casanova, A Casela, Cendemil, Cernadela, O Coto, As Curuxeiras, Fontelo, Fraxope, Gatoi, Gradaílle, As Lamas, A Lapa, As Leas, Liñares, Lodeiros, O Machuco, Pazos, O Pedregal, Pedrido, O Portelo, O Rego da Pía, A Revolta, Río Cabreiro, Sabugueira, Suaigrexa, San Cosme, Soutiño, A Torre, Valiña Boa, Vao, A Veiga, O Vilar, O Vilarao e Zaragoza.

Vilacampa (Santa María)
Parroquia pertencente ao arciprestado do Valadouro. Limita ao norte con Boimente (Viveiro), ao sur con Frexulfe, San Tomé de Recaré e Santa Cruz do Valadouro, ao leste con A Laxe e ao oeste con Miñotos (Ourol). En 1991 conta con 60 habitantes, distribuídos entre as seguintes entidades de poboación: A Abelleira, A Azoreira, A Bandexa, O Brozo, O Burgo, Os Burgueiros, Campo Pequeno, O Carballo, O Carregal, Os Casás, O Coto, A Cruz, O Limpadoiro, A Modia, O Muíño, Rego Dereito, O Requeixo, Rozas, Os Rubás, A Silvosa, O Tarreo da Corte, e O Trobo.