A rota comeza na avenida da Veiga, ó final da cal atopamos o primeiro cruzamento que tomaremos á esquerda.
Seguindo esta estrada chegamos á parroquia de Sta. Cruz, dónde se atopa situado, á marxe esquerda, o Pazo de Gradaílle (s.XV). Un quilómetro despois, atópase o segundo cruzamento que tomaremos á dereita. É neste momento cando o desnivel comeza a facerse máis acusado.
Catro quilómetros máis arriba, en dúas curvas consecutivas, atópase un Via Crucis e, ó final do mesmo, a igrexa de Sto. Tomé (s.XIX). Dende o adro que a rodea pódese contemplar unha fermosa panorámica do Val.
O terceiro cruzamento está cerca, á esquerda e.dous quilómetros despois, o derradeiro cruzamento, que levará ó noso primeiro destino: o Curro. Este treito ten unha pendente bastante acusada.
Unha vez no Curro, a uns 25 metros á dereita, atópase o Dolmen. Esta zona constitúe un perfecto miradoiro, dende onde podemos observar todo o val e, se o día está claro, o mar Cantábrico.
A un quilómetro do recinto do Curro, en dirección Oeste, sitúase o Prado das Chantas, curiosa construcción medieval destinada a gardar o gando, po lo que pode considerarse como un antecesor do actual Curro. En todo caso, non hai estudios que certifiquen esta orixe barállase a posibilidade de que fora un lugar de adoración celta.
Para os máis emprendedores está a opción de ascender ata os montes de Penido Novo e Penido Vello, de 800 e 771 metros de altitude respectivamente. |