|
|
| QUÉ VER |
Comecemos cun pouco de historia….
Tense a crenza que a orixe deste fermoso val está nunha antiga lagoa prehistórica que, paulatinamente se foi desecando, dando lugar a esta zona caracterizada pola súa fertilidade. Ese pode ser un dos motivos que fixo que estivese poboada dende o neolítico, ainda que os restos que quedan desa época non están moi ben conservados, e outros que se atoparon recentemente está ainda a ser estudiados. (v. Rota dos Penidos).
Tamén os romanos se achegaron ata este val, de feito, foron eles os que lle deron o nome do que deriva a sua denominación actual: Vallis Auris.
E como non, se falamos de Idade Media, non podemos esquezer a longa sombra do Mariscal D. Pedro Pardo Cela, señor de vidas e lugares, cunha historia que define como poucas as turbulencias sociais e políticas desa época. |
| O Concello do Valadouro ten a súa capitalidade na Vila de Ferreira. Esta poboación xurde dun antigo mercado semanal que, dende o ano 1631 se viña celebrando nos arredores dunha capela adicada á Virxe (originalmente baixo a advocación da Virxe da Leite). Foi a insistencia do cura de aquela época: D. Anxel de Castañón y Ayala, o que consigueu que este mercado fose recoñecido polas autoriades de Mondoñedo, dando comezo o florecemento económico, social e cultural do Concello. De feito, Ferreira segue a ser o centro comercial da zona, a pesares do descenso da poboación e do seu trasvase a outras zonas.
Froito de anos de desenvolvemento, é o outorgamento do título de Vila en 1894, pola entón Raiña Rexente María Cristina. |
| Ademáis da súa indubidable beleza paixasística, o Concello conta con magníficos ejemplos de arquitectura, tanto civil como relixiosa. Exemplo desta última, destacamos a capela de Santa Filomena (parroquia do Cadramón), que aparece xa no ano 890 da nosa era, e que se supón parte de unha igrexia máis grande. O seu estado de conservación non é o axeitado, ainda que ben merece unha visita. Outro exemplo destacable é a Igrexia Parroquial de Santa Cruz, que está construida sobre unha igrexia románica, sendo a súa apariencia actual dos primeiros anos do XVIII. |
| Como sinalabamos, tamén existen interesantes mostras de arquitectura civil: casas de labranza, muiños e, por suposto, pazos e casas grandes cos seus correspondentes escudos de armas. Tampouco debemos esquece-los cruceiros, xa que o val posue unha grande cantidade deles, moitos de unha gran calidade artística. |
| En calqueira caso, a millor forma de coñecer unha zona é …. percorrela, ben a pé, ou ben en coche. Para poder escolle-lo xeito que máis vos guste, creáronse as dúas rotas que existen no Concello. A primeira delas, a Rota dos Pozos, amosa parte da paisaxe da zona, levándonos ata unha zona natural emblemática: a fermosa cascada do Pozo da Onza. Esta rota é para facer a pé.
A outra rota é a dos Penidos. Está é aconsellable facela en coche debido á súa extensión e dificultade; ainda que se se quere, pódese facer a pé. O seu percorrido ven a ser un pequeño resumo da historia do Concello, xa que nela atoparemos pazos, cruceiros, igrexias, e na súa parte final, o dólmen de Santo Tomé e o lugar denominado Prado das Chantas. Dende esa zona hai unha gran panorámica, non só do val, senón tamén de gran parte da costa. |
| Pero, esto é unha pequena parte, o mellor é que veñades e o descubrades por vos mesmos. |
| |
|
|