Aviso legal e de responsabilidade

Os dereitos de propiedade intelectual da páxina www.valadouro.org e dos elementos nel engadidos son titulariedade do Concello do Valadouro, reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida na páxina, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente nun boletín oficial. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, o Concello do Valadouro non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletínes oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.